Ponteareas (MORRAZO-TRIBUNA).-“Fomento e a Delegación do Goberno tratan aos veciños de San Vicente e Canedo como si fosen terroristas”, afirma o BNG : O BNG de Ponteareas considera que coa actuación policial de hoxe, contra os veciños de San Vicente e Canedo, que reclamaban de Fomento e da Delegación do Goberno do Estado, sentarse a falar para resolver a situación na que se atopan as obras da rotonda de Canedo, os nacionalistas consideran que frente a actitude democrática e de diálogo dos veciños, o Goberno responde como si estiveramos nun estado dictatorial
O portavoz municipal do BNG, Bolívar González declarou, “reclamamos do Alcalde a convocatoria urxente para este mércores 17, dunha Xunta de Portavoces Municipais para fixar un posicionamento común da Corporación Municipal, de rechazo da actuación policial, de apoio aos veciños e que as obras respeten a legalidade, para evitar un novo aterramento do regato da Venda”
Os nacionalistas non entenden como despois de 3 anos coa obra parada, agora que os veciños levan dous meses reclamando información da actuación a realizar e dialogo para buscar a mellor solución, a Fomento entralle de súpeto a presa e utiliza todos os medios do Estado ao seu alcance para executar a obra, a sabendas da ilegalidade no aterramento do regato.
Dende o BNG, tamén manifestan o seu apoio as movilizacións que están levando a cabo os veciños de Canedo e San Vicente e animan a participar a todos os cidadáns para rechazar este proceder do Goberno e para reclamar unha solución para unha obra que afecta a boa parte das comunicacións de Ponteareas.