08 junio 2009

la estación del Areeiro participará en un proyecto de investigación para salvar pinares

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A Estación Fitopatolóxica do Areeiro da Deputación participará xunto con catro centros especializados de Valencia, Valladolid, País Vasco, Madrid, Asturias e Castela León nun proxecto de investigación denominado “Etioloxía, epidemioloxía e control de Fusarium circinatum”, impulsado polo Ministerio de Medio Ambiente e polo Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria (INIA).
Esta investigación desenvolverase durante un período de tres anos e o custe elevarase a 950.000 euros. Deste orzamento, a Secretaría Xeral de Medio Rural do Ministerio de Medio Ambiente achegará 750.000 euros a través dos seus organismos e o INIA os restantes 200.000 euros.
Fusarium circinatum
O Fusarium circinatum Niremberg & O’Donnell é o cancro resinoso do piñeiro. Na actualidade, a enfermidade detectouse, ademais de en España, en México, EEUU, Xapón, Sudáfrica, Chile, Nova Zelanda e Haiti. Afecta a varias especies de coníferas: Pinus canariensis, Pinus halepensis, Pinus pinaster, Pinus pinea, Pinus radiata, Pinus sylvestris e Pseudotsuga menziesii. Todas, a excepción do pinea e o canariensis, presentan unha alta sensibilidade á enfermidade, tanto en viveiro coma en monte. En Galicia, teñen mostrado a súa sensibilidade en viveiro.

Este fungo caracterízase pola presenza de macro e microconidias, hifas estériles enroladas, polifiálidas e ausencia de clamidosporas. Nas árbores adultas situadas no extremo das ramas infectadas poden aparecer cancros en ramas e tronco. As acículas situadas no extremo das ramas infectadas mostran un color amarelo-roxizo e finalmente caen, deixando o extremo da rama desprotexido. Cando se perderon moitas destas acículas, pode producirse a morte da árbore.