11 junio 2009

Nueva predicaciòn sobre
el recorte del gasto en la Xunta

VIGO/PONTEVEDRA (morrazo-tribuna) .- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, destacou hoxe que a prioridade da Xunta non é paralizar o que está ben, senón reorientar o gasto cara ao realmente necesario, de tal xeito que as prioridades serán a creación de emprego, o investimento productivo e a resposta efectiva ás necesidades da dependencia en Galicia.
En resposta a unha pregunta do BNG no Pleno da Cámara, Rueda lamentou que os nacionalistas sigan a falar de “contas absolutamente irreais” e recordou que o bipartito deixou un burato orzamentario de alomenos 1.200 millóns de euros, que obriga ao actual Goberno a condicionar a súa xestión ás posibilidades orzamentarias.



En todo caso, o titular de Presidencia garantiu que a nova Xunta fará unha xestión austera, eficaz, eficiente, comprometida cos galegos e non sectaria. Nese sentido, preguntouse se o BNG se ten esquecido das obras paralizadas polo bipartito en 2005 en materia de Medio Rural, Medio Ambiente ou estradas.

“Esas si que foron paralizacións”, enfatizou Rueda, que citou como unha mostra palpable e evidente de sectarismo político e incapacidade de xestión do bipartito as 245 actuacións paralizadas por Medio Rural ou a paralización dun investimento de 7,7 millóns de euros por parte de Augas de Galicia, xunto coas tramitacións paralizadas na autovía Carballo-Berdoias, na Vía de Alta Capacidade Tui-A Guarda ou na variante de Noia.

Finalmente, o conselleiro de Presidencia comprometeuse a que o novo Goberno non actuará dese xeito e, fronte ao dispendio, o despilfarro e o gasto improductivo sen sentido, levará a cabo unha política “responsable, respectuosa con todos e a favor de todos”.