18 junio 2009

Otro roteiro de Debrúzate este sábado

PONTEAREAS (MORRAZO-TRIBUNA).- O próximo sábado 20 de xuño terá lugar un novo roteiro guiado do programa de roteiros Debrúzate, coorganizado polos colectivos Galiza Nova, MZS e Adenco.

O obxectivo do programa é dar a coñecer o noso patrimonio natural e cultural. Nesta ocasión acercarémonos ao Castro de Fozara e ás Pías do Río Tea. Son lugares de destacada importancia, un a nivel arqueolóxico, por ser o lugar no que se atopou un puñas de anteas de extraordinaria importancia.

As Pías do Tea é un espazo natural realmente fermoso, onde o Tea atravesa unha formación granítica formando grandes pozas na pedra, circulares e profundas.

O percorrido é de dificultade baixa-media e os puntos de saída previsto son a estación de autobuses de Ponteareas, ás 18:00h, ou o Campo de Fútbol de Fozara ás 18:30h.

A actividade é de asistencia libre e gratuita.

Máis información de Debrúzate en www.debruzate.blogspot.com