14 junio 2009

¡Qué pesados! : la Xunta vuelve con la cantinela del ahorro, superdelegaciones y tal y tal...

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- Nueva nota de la Xunta al respecto : A estrutura das novas delegacións territoriais da Xunta, que elimina 48 delegados provinciais, suporá un aforro anual de 3,7 millóns de euros, ao pasar dun custe de 7,8 millóns de euros a un de 4,1 millóns de euros.

A Dirección Xeral da Función Pública considera que, tras este reaxuste, para os xefes de departamento, tendo en conta que este postos conlevan unha especial dificultade técnica, dedicación e responsabilidade, débese determinar un incremento das retribucións asignadas que comporten a modificación do seu complemento específico.

Por iso, propón que as retribucións dos xefes de departamento territorial teñan 210 euros brutos mensuais máis en concepto de complemento específico e lembra que este xa estaba previsto e consignado na memoria económica do Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta, polo que non supón un custe a maiores.