excluída das obras de humanización
O Alcalde prefire agora as reunións dirixidas fronte aos Consellos Sectoriais que foi a ferramenta que sempre se empregou para o seguimento das obras na cidade
O Alcalde prefire agora as reunións dirixidas fronte aos Consellos Sectoriais que foi a ferramenta que sempre se empregou para o seguimento das obras na cidade
O Alcalde está chegando a niveles de despotismo inusitados. A cidadanía que está a ser a grande prexudicada pola mala xestión das obras vese privada da oportunidade de participar do seu seguimento e control. É o colmo dos despropósitos que nin se lle preguntara á veciñanza polas necesidades do barrio antes de comezar as obras nin que agora se lle deixe participar dos seus problemas e do seu seguimento, xa que non só comerciantes e empresarios sufren a diario os seus avatares e inconvenientes.
Desde fai moitos anos e cos diferentes gobernos, independientemente da súa ideoloxía, funcionaron sempre os Consellos Sectoriais como mecanismo de planificación, control e seguimento das obras importantes como as de saneamento ou para mellorar servizos como o transporte público. Os Consellos Sectoriais permitían que os responsables políticos, técnicos municipais, empresas e representación veciñal se coordinasen e participasen da marcha das obras: unha vez ao mes reuníanse, analizábase a situación desde os diferentes puntos de vista, análizábanse os problemas, facíase un plan de traballo e elaboraban un acta cos acordos e dos que se facía un seguimento exahustivo na seguinte xuntanza. Sen dúbida estas comisións serían de gran utilidade para que as obras estan ao servizo da veciñanza, para evitar moitos dos incidentes que estanse a rexistrar ou evitar os abusos nas contratacións por parte das empresas.
Por que lle molesta tanto a este Alcalde e ás súas Concellerías que a cidadanía participe e se involucre nos temas de cidade lles afectan directamente? Ten medo a que a cidadanía lle poda plasmar a realidade que a diario ten que soportar? De que alguén lle poda levar a contraria ou lle diga o mal que estanse facendo as cousas nesta cidade ou é que sen dúbida resulta moito máis cómodo escoitar a entidades afíns que conceder a palabra á cidadanía?
Xosé Couñago Ribeira / Elena González Sánchez
Portavoces del movimiento vecinal de VIGO