09 junio 2009

Un día para reivindicar el asociacionismo

Festa Veciñal 2009

A mostra reivindicativa do Movemento Veciñal de Vigo

Data: sábado 20 de xuño
Lugar: Parque de Castrelos


A mostra viva do Movemento Veciñal de Vigo volve darse cita na Festa Veciñal 2009. As principais novidades da XVIII edición son o enfoque reivindicativo e a concentración dun intenso programa de eventos e actividades nun só día: o sábado 20 de xuño, no escenario de todos os anos, o parque de Castrelos.

Durante a xornada do sábado Castrelos convertirase nun gran foro veciñal que expoñerá as reivindacións dos barrios, parroquias e colectivos da cidade cunha grande mostra reivindicativa. Será a celebración de 2009 unha mostra viva que non só se limitará a que as persoas asistentes se convirtan en meras espectadoras das reivindicacións da cidade senón que todo o que se achegue polo parque terá oportunidade de formular as súas propias demandas e ideas de mellora para o seu barrio.
A pesar de ser a deste ano unha celebración eminentemente reivindicativa, a festa tamén acollerá actividades de caráter lúdico como xogos populares, actuacións de música e baile, festival infantil, obradoiros de manualidades, exhibicións das actividades que se fan nas asociacións veciñais e a celebración dun serán con música e baile tradicional o sábado pola noite.
Se importante é achegar o Movemento Veciñal á cidadanía e dar a coñecer o traballo que se está a desenvolver nas Asociacións, resulta asimesmo imprescindible recoñecer e honrar a labor daquelas persoas que deron parte do seu tempo e da súa vida pola súa asociación e polo seu barrio. Será no acto de homenaxes do movemento veciñal que terá lugar ás 8 da tarde.

Espazo reivindicativo
O eixo central da Festa Veciñal xira en torno á reivindicación. Os stands de mostra das asociacións veciñais serán sustituídos nesta ocasión por un gran mural reivindicativo: un panel continuo que recollerá o conxunto de demandas e reivindicacións que as asociacións veciñais teñen para os barrios e parroquias da cidade. No mural tamén haberá un espazo para que outras asociacións e colectivos podan levar a Castrelos as súas demandas.
A carón do mural dispoñerase o espazo de expresión reivindicativa, un espazo para a participación onde as persoas que o desexen poderán escribir as súas impresións e deixar constancia das súas reivindicacións. 

Merenda Veciñal
Este ano o xantar veciñal de confraternización será sustituído por unha merenda veciñal que terá lugar a tarde do sábado, antes das homenaxes. As persoas que o desexen poderán comprar na súa asociación veciñal e por 3 euros un ticket que poderán canxear na festa por unha merenda que consistirá en mini empanadillas de xamón ou bonito, croquetas de carne, dados de tortilla española, restriscos de polo, 1 agua e 1 tenedor plástico con servilleta. O mesmo ticket tamén incluirá a chourizada e a queimada.

Homenaxes do Movemento Veciñal
O acto central da Festa terá lugar ás 20.00 horas, momento en que cada se rende homenaxe ás persoas comprometidas co Movemento Veciñal; un recoñecemento público á traxectoria vital daquelas persoas que traballaron ao longo da súa vida pola mellora das condicións de vida dos seus barrios.

Banco do Tempo
O Banco do Tempo promovido pola Federación Veciñal contará co seu espazo na festa para que as persoas que se acheguen a Castrelos podan coñecer e informarse sobre o programa de intercambio de tempo.

Obradoiros en vivo
Durante a tarde do sábado e domingo a partir das 17 horas, as persoas asistentes terán a oportunidade de construír os seus adubíos en fieltro no obradoiro organizado polo banco do tempo, aprender a traballar co coiro, o patchwork, manualidades…, todos estes obradoiros son gratuítos e basta con presentarse na zona en que se levarán a cabo, minutos antes do inicio. 

Exhibicións
Paralelamente aos obradoiros de manualidades, levanranse a cabo outros obradoiros de corte rítmico e deportivo como danza do ventre, tai-chi e baile galego. Estes obradoiros tamén están abertos á participación de todas as persoas que se acheguen pola Festa.
Tanto os obradoiros de manualidades como os do movemento, son representativos dalgunhas das actividades que durante o ano ofertan as asociacións veciñais.

Actuacións, festa serán e espectáculo da queimada
A música estará sempre presente ao longo de todo na festa, nas máis diversas expresións: banda de música, grupos tradicionais, música infantil, espectáculos musicais… 
Pola noite haberá unha gran festa baile popular e tradicional na que ademáis dos grupos das asociacións intervirán outras agrupacións e bailadores que de forma expontánea se acheguen a esta festa serán. Xa pola media noite haberá un descanso na festa serán para levar a cabo o conxuro da queimada, que se repartirá entre os asistentes para logo retomar coa música e os bailes que se prolongarán ata altas horas da madrugada.

Programa
Mañá
11.00h Inauguración 
11.30h Exhibicións de actividades físicas e deportivas (ioga, tai-chi, ximnasia, aerobic…)
12.00h Actuación Banda de Música “As Delicias do Caeiro”
13.30 Xantar libre no parque de Castrelos
Tarde
16.30h Festival Interbarrios: actuacións de música e baile
17.00h Obradoiros en vivo: fieltro, coiro, Patchwork, Manualidades…
17.30h Festival Nova Movida: actuacións infantís de play-back e baile
18.30h Xogos tradicionais (aros, chave, tralo, tiro de corda, trompos, 
bolas, xoaniña,...)
19.00h Merenda veciñal
20.00h Homenaxes do movemento veciñal
Noite
21.00h Serán popular 
22.30h Chourizada 
00.00h Queimada
02.00h Clausura e peche