VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que lle pregunta ao Goberno que control fai das emisións tóxicas e das 6.000 toneladas de residuos vertidas cada ano a consecuencia da actividade da refinería de Repsol en A Coruña.
O deputado do BNG alude á información publicada que recolle os dados do Ministerio de Medio Ambiente sobre emisións tóxicas ao entorno. Un dato chamativo son as emisións producidas pola actividade de Repsol en A Coruña. Jorquera explica que os residuos vertidos ao mar se compoñen de sustancias moi similares ás provocadas pola catástrofe do Prestige.
Ademáis da contaminación mariña, Repsol tamén é responsábel da emisión no 2008 de 1,5 millóns de toneladas de CO2. “E o último dos capítulos contaminantes da refinería coruñesa, é o vertido de residuos e productos sobrantes á rede de alcantarillado.
Que compensación recibe A Coruña? Que custes asume Repsol por ser responsábel desta contaminación?
Para o deputado do BNG o “Goberno non pode ser alleo a este problema xa que se comprometeu co desenvolvemento de políticas destinadas a reducir o efecto invernadoiro e a loitar contra o cambio climático”.
Esta é a razón pola que Jorquera dirixe ao Executivo unha serie de preguntas. Quer saber que tipo de control leva a cabo o Goberno de todos estes vertidos e emisións contaminantes de Repsol en A Coruña. “Que custes asume Repsol? Que compensación recibe A Coruña por padecer os efectos constantes destes vertidos?”.
O parlamentar nacionalista opina que “unha actividade como é das refinerías que é a causante do 25% da contaminación mariña debería estar sometidas a normas e deberes máis estrictos e debería ter compensación social”.
Dados os dados, o deputado do BNG quer coñecer se o Goberno exixe a empresas como Repsol investimentos en investigacións e tecnoloxía para reducir a contaminación que provocan. “Que investimentos realizou esta empresa en políticas de protección ao medio ambiente?”.
Jorquera pregunta ao Executivo se realizou estudos sobre os efectos da contaminación das refinerías e cais son as conclusións.