Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Deputación Provincial de Pontevedra asinou cinco convenios de colaboración con diferentes asociacións e organismos da provincia. Dito acordo consiste na aportación duns 250.000 € que irán destinados ó “Programa lúdico de balnearios”, á fundación “As Samaritanas de A Guarda”, ó programa “Sen violencia convivencia”, á Asociación Síndrome de Down “Xuntos” e ó “Programa de Respiro e Animación Hospitalaria”.
O “Programa lúdico de balnearios” é un proxecto diúrno enfocado a persoas maiores de 50 anos ou pensionistas. Desenrólase nos balnearios de Cuntis, Mondariz, Talaso e A Toxa. A subvención da Deputación para esta iniciativa será de 155.688 €.
Pola súa parte a fundación “As Samaritanas de A Guarda”, que actualmente acolle a once mulleres que sofren exclusión social, recibirá un total de 7.000 € para a instalación de calefacción e para a mellora do centro.
A Cruz Vermella de Pontevedra asinou tamén dous convenios de colaboración coa Deputación para o desenvolvemento dos programas “Sen Violencia Convivencia” e “Respiro e Animación Hospitalaria”. Estes recibirán 30.000 e 18.000 € respectivamente. O primeiro, destinado a todos os centros educativos da provincia, consiste na realización de obradoiros en centros escolares e unha actividade de intervención directa co alumnado, pais, nais e docentes para a promoción de actitudes positivas a fin de previr condutas violentas; o segundo lévase a cabo na planta de neonatos e pediatría do Hospital de Pontevedra e persigue o obxectivo de, por un lado, animar os nenos e por outro servir de respiro os pais que poden deixar os nenos no centro hospitalario durante un máximo de 2 horas mentres eles fan xestións.
“Xuntos” (Asociación Síndrome de Down) chegou tamén a un acordo polo que recibirá 15.000 € para a realización do proxecto “Estimulación da Linguaxe Oral”, co que se pretende paliar os déficits comunicativos de nenos e xoves coa Síndrome de Down.
Máis información individual sobre estes acordos en www.depontevedra.es