13 julio 2009

Adelante la muestra "Pontevedra cidade postal"

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-Mañá inaugúrase a exposición da Deputación “Pontevedra cidade postal” que manterá as súas portas abertas ó público ata o 4 de setembro. Esta mostra recolle preto de 100 postais antigas da cidade de Pontevedra de principios do século XX, período coñecido precisamente como a época dourada da tarxeta postal.
A inauguración terá lugar o mércores 15 de xullo as 20:30 horas no Arquivo da Deputación de Pontevedra. Nela intervirán o presidente da Deputación, Rafael Louzán, a vicepresidenta do mesmo organismo, María Teresa Pedrosa, e a coordinadora da mostra, Begoña Iribarren.
A exhibición incorpora, ademais das 100 postais antigas, a primeira tarxeta ilustrada que reproduce unha vista xeral da cidade, editada pola fototipia de Hauser y Menet e circulada no ano 1901, vistas estereoscópicas da cidade e unha composición de anáglifos (imaxes en 3D).
Todo o material exposto forma parte do Arquivo Postal, integrado, xunto ó arquivo sonoro e o audiovisual, no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra, un arquivo iniciado no ano 2003 coa finalidade de reunir, organizar e difundir un fondo postal especializado circunscrito á provincia de Pontevedra. Conta a día de hoxe cunha colección documental duns 5000 rexistros que se atopa ó servizo da cidadanía para a súa consulta e investigación.
Coincidindo con esta exposición a Deputación de Pontevedra edita 500 exemplares numerados dun pequeno álbum que reproduce 9 postais antigas da cidade de Pontevedra.