11 julio 2009

Deputación promueve innovaciones en el cultivo del albariño

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, da Deputación de Pontevedra, xa habitual na realización de análises de fertilidade dos solos galegos, pon en marcha unha nova forma de análise: o análise foliar, un método de estudo que permite coñecer a través das follas da vide se a cantidade de calcio presente no solo é a adecuada e se a planta está, polo tanto, correctamente nutrida.
Os solos galegos, a diferenza dos do resto de España que son calcáreos, teñen unha natureza ácida, polo que os estándares establecidos a nivel nacional para garantir o bo estado nutricional da vide non son válidos para os cultivos vinícolas da comunidade galega. Co obxectivo de encher esta lagoa no ámbito do cultivo da vide e crear unha base de datos adecuada ás particulares características dos solos de Galicia, Areeiro publica, en colaboración coa Universidade de Granada, “Presente y futuro de la Nutrición Mineral de las Plantas”.
Lugares de traballo
Os ensaios e traballos de campo necesarios para o estudo leváronse a cabo durante o 2006 na Finca Pe Redondo (Meis), xestionada polas bodegas Martín Códax, e máis na zona do Rosal, en tres fincas pertencentes as Bodegas Robaliño, dúas da Adega as Laxas e unha que está o cargo de Marqués de Vizhoja; todos eles solos que non habían estado previamente cultivados.
Sistema de traballo
Nas parcelas de ensaio optouse pola espaldeira en liñas pareadas como sistema de condución, con unha separación entre as plantas de 2 m. Sobre estas aplicáronse tres compostos de calcio diferentes (una emenda cálcico magnésica granulada con pequenas cantidades de microelementos con 40% de óxido de calcio e 5% de óxido de magnesio, unha emenda mineral pulverulenta con 20% de calcio, 1% de magnesio, 7.5% de materia orgánica e 1% de fósforo e unha emenda cálcico magnésica de acción rápida con un 28% de óxido de calcio y un 20% de óxido de magnesio) co fin de recoller mostras de follas das vides sometidas a cada un dos tratamentos.
Técnica de traballo e fechas
Estes combinados aplicáronse as plantas cunha abonadora centrífuga de disco e con unha esparcidora no caso do segundo procedemento. Os tres tratamentos iniciaron en marzo de 2006.