07 julio 2009

Deputación promueve libro sobre la bichería que joroba árboles y plantaciones

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, pertencente á Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Consellería do Medio Rural publicou o libro “Inventario dos patóxenos e pragas máis frecuentes nos cultivos de Galicia e norte de Portugal”. Este estudo, que se encadra dentro do programa Iniciativa Comunitaria Interreg IIIA, pretende ser unha axuda a agricultores e técnicos no diagnóstico e tratamento de patóxenos co obxecto de coseguir colleitas de máis elevada calidade e salubridade.
Entre os resultados obtidos destaca a existencia de 475 organismos nocivos en Galicia e 127 no norte de Portugal, atopados trala análise de 443 e 88 puntos de mostraxe, respectivamente. Os patóxenos estudiados comprenden fungos, bacterias, virus, nematodos, insectos e ácaros, instalados en videiras, piñeiros, castiñeiros, carballos, kiwis, pementos, camelias, maceiras, pereiras, patacas, leitugas, tomates, feixós, mirabeis e tuias, principalmente.
As enfermidades e pragas achadas nas mostras recollidas foron identificadas mediante tomografía por impulsos sonoros (“Arbotom”) e por radar (“Tree radar”), técnicas de morfoloxía e taxonomía comprada, por ELISA, cromatografía de gases, PCR, etc., é dicir, por todo o conxunto de medios de diagnóstico fitopatolóxico coñecidos na actualidade.
A investigación comprende a elaboración dun inventario e diferentes mapas nos que se indica a incidencia dos principais organismos prexudiciais en cada zona, ademais de fichas técnicas con información detallada sobre os patóxenos e a maneira de combatilos.