07 julio 2009

Xunta : Título de Bachiller en dos años para adultos en Galicia

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria presentou na mesa sectorial a súa proposta para que o alumnos de Bacharelato de adultos presencial poidan recibir o título en dous anos, e non en tres como ata de agora. Esta proposta foi aceptada por todos as organizacións que conforman a mesa a excepción da STEG, que non estivo presente no encontro de hoxe en San Caetano.

A Consellería de Educación pretende deste xeito axudar aos alumnos e alumnas interesados en acadar o título de Bacharelato en menos tempo e de maneira máis flexible. Coa modificación aprobada hoxe na mesa sectorial poderán desenvolver os estudos en dous anos, ademais de que as materias do segundo curso ligadas á Selectividade serán impartidas no último ano. Con este novo sistema os alumnos poderán matricularse do curso completo ou de materias soltas a súa libre disposición, de tal maneira que poidan aproveitar mellor o seu tempo.

A organización por cursos de materias do bacharelato para adultos presencial será polo tanto análoga ao do bacharelato polo rexime ordinario. Este cambio na normativa afectará a 3015 estudantes de 41 centros, alumnos que contan con máis de 18 anos ou que con 16 anos acrediten estar traballando ou ser deportistas de alto rendemento.

Na Comunidade Autónoma de Galicia estes estudos estaban rexidos ata o de agora por unha orde do anterior goberno, publicada no 2006, que establecía que as diferentes materias do Bacharelato se distribuían en tres bloques. Esta norma obrigaba aos estudantes a cursar un mínimo de tres anos.

Nos vindeiros días a Consellería de Educación publicará unha orde no DOG pola que se regulo o bacharelato para adultos presencial.