10 julio 2009

El Bloque no quiere que el PP toque la Ley del Suelo en Galicia

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A portavoz do BNG na Comisión de
Vivenda do Parlamento Galego, Isabel Sánchez Montenegro, advirte de que a
modificación da Lei do Solo anunciada onte polo Goberno do PP “pode provocar
que se estrague o pouco que queda sen estragar en Galiza”.
A deputada nacionalista lembra que Lei do Solo 9/2002 “foi aprobada polo
Goberno do PP en 2002, logo volveuna modificar no ano 2004 e agora anuncia
que quere volver cambiala para introducir máis flexibilidade na construcción no
rural”.
Neste sentido, Isabel Sánchez Montenegro advirte de que o Goberno de Feijóo
“non só está a crear inseguridade xurídica, senón que tamén demostra que o
PP non ten claro qué modelo de país quere”. Lembra que “coas súas políticas,
os Gobernos do PP xa estragaron a costa e agora tamén queren acabar de
estragar o urbanismo no noso rural”.
A parlamentaria nacionalista subliña que “o que ten que facer o Goberno de
Feijóo neste momento é por en marcha as Directrices de Ordenación do
Territorio e todar de medios humanos e materiais a Xunta e aos propios
concellos para axilizar os trámites urbanísticos, pero sen reducir o control”.
Sánchez Montenegro teme que “de xeito fundado, porque xa o fixeron os
anteriores Gobernos do PP, que unha flexibilización e unha relaxación dos
controis conduza a que se estrague o pouco que queda sen estragar no noso
país”.
A xuízo da deputada do BNG o medio rural “o que precisa con urxencia é un
plan integral de dinamización, de apoio ao noso tecido produtivo, como o
sector lácteo, e non fomentar o urbanismo descontrolado”.