Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A portavoz do BNG na Comisión de
Educación do Parlamento Galego, Carme Adán, ven de presentar unha
iniciativa na que lle demanda á Consellaría de Educación e Ordenación
Universitaria que cumpra a lei e non financie con diñeiro público concertos cos
colexios que segregan por sexo ao alumnado.
Carme Adán lembra que “a igualdade é un dos principios básicos que debe
rexer toda a acción eduCativa”. Neste sentido, lembra que a Lei Orgánica de
Educación, no seu artigo 84.3, onde se regula a escolarización en centros
públicos e privados concertados establece que “en ningún caso haberá
discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou
calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social”.
“A lei establece claramente que non pode haber concertos con centros
que segreguen ao alumnado por sexo”
Por iso, a deputada do BNG considera que “a normativa vixente en materia de
concertos educativos recolle claramente que non se concertarán as unidades
de educación que practican o segregacionaismo”.
Carme Adán advirte de que “a separación do alumnado por cuestión de sexo é
un xeito de avalar a educación sexista e significa un paso atrás considerábel no
logro social dunha escola mixta e coeducativa”.
“Non é posíbel -subliña- acadar unha sociedade igualitaria sen educar
coeducativamente aos nenos e nenas”.
A este respeito, a parlamentaria do BNG demándalle á Consellaría de
Educación e Ordenación Univesitaria que informe das decisións que vai adoptar
para cumprir a normativa vixente en materia de concertos educativos, e polo
tanto da obriga de non financiar con fondos públicos aos colexios que segregan
por cuestión de sexo.