08 julio 2009

El nuevo gobierno no pone mala cara a la Escuela Superior de Arte Dramático de Galicia situada en Vigo

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, José Luis Vázquez, visitou está mañá xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucia Molares Pérez, as instalacións da futura sede da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, situado no polígono de Navia, en Vigo.

As obras da primeira fase rematarán no mes de setembro e permitirán o traslado dos alumnos xa escolarizados para o vindeiro curso académico, 2009/2010. Ata o de agora as clases impartíanse no Instituto de Ensinanza Secundaria de Bouzas, onde a escola arrancou a súa andadura no ano 2005.

O Secretario Xeral destacou que “este é un dos proxectos importantes que darán resposta ás necesidades da cidade de Vigo para impartir estas ensinanzas”. José Luis Vázquez realizou a visita para comprobar o estado das obras e garantir que as aulas poidan comezar en setembro. No percorrido tamén estivo acompañado por un equipo técnico da consellería, o arquitecto responsable da construción, Santiago Catalán Tobía, así como polo director da Escola de Arte Dramático, Manuel Francisco Vieites.

Pola súa banda Lucia Molares sinalou que “este é un proxecto importante no ámbito educativo” e engadiu que “en setembro este edificio poderá ser ocupado polos alumnos”.

Sobre o retraso de tres meses na construción, o equipo técnico afirmou foi debido a problemas durante a escavación no terreo. Tamén afectou a folga do metal que impediu ter materiais precisos para a construción nos prazos previstos.

Os preto de trescentos alumnos do novo centro poderán matricularse en Interpretación Textual, Dirección de Escena, Dramaturgía e Escenografía.