05 julio 2009

La Xunta anuncia 350 euros para que los autónomos se compren ordenador con sotfware libre

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Xunta de Galicia porá en marcha esta semana unha liña de axudas para os autónomos destinada á compra de ordenadores persoais nos que se instalarán ferramentas informáticas de software libre para fomentar o seu uso entre os beneficiarios. Deste xeito, e coa publicación no DOG de mañá da lista definitiva das entidades colaboradoras coa Consellería de Economía e Industria, o martes darase por aberto o proceso para que os traballadores poidan solicitar estas achegas encamiñadas a facilitar o acceso dos empresarios á Sociedade da Información.

As axudas para este ano contan cun orzamento aproximado de 1 millón de euros, por enriba dos 660.00 que se destinaron a esta mesma liña no 2008. A contía das achegas alcanzará ata o 45% da base impoñible do custo do ordenador ata un máximo de 350 euros, e está previsto que beneficien a uns 4.000 traballadores autónomos, casi o dobre dos que se acolleron a estas axudas o ano pasado.

Os beneficiarios tramitarán todas as solicitudes de axuda exclusivamente a través das tendas que teñan sido admitidas como entidades colaboradoras, e o traballador obterá ao instante o desconto na factura do ordenador que compre, posto que a Consellería de Economía e Industria reintegrará despois eses cartos á entidade colaboradora. O proceso de autorización das achegas é inmediato gracias a unha aplicación web que conecta aos puntos de venda coa Xunta de Galicia. O proceso está baseado na firma electrónica e aproveita todas as opcións legais de simplificación.

Os traballadores que queiran optar a esta liña de axudas terán que estar dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social, con domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade económica en Galicia. Ademais, debe acudir á entidade colaboradora co seu DNI e o recibo mensual do último pago á Seguridade Social (TC1). No caso de que no DNI non figure domicilio en Galicia poderá aportar certificado de domicilio fiscal da Axencia Tributaria. Nestas axudas non está incluído o comercio retallista.

Esta liña de axudas, que promoveu a Consellería de Economía e Industria e xestionará a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación tecnolóxica, foron tramitadas a través de procesos telemáticos coas máis de 100 entidades colaboradores, que empregaron a sinatura electrónica para formalizar o convenio de colaboración sen necesidade de empregar papel nin de desprazarse ata Santiago. Toda a información sobre estas axudas está na web www.xunta.es/cei/pcautonomos.