05 julio 2009

Otra de bellas palabras : la conselleira Mato habla de "apoyo incondicional" a las personas con discapacidad intelectual...

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, garantiu hoxe o “apoio incondicional” da Xunta de Galicia coas persoas con discapacidade intelectual. Neste sentido, adiantou que este compromiso se plasmará no desenvolvemento, nos próximos anos, do I Plan integral para persoas con discapacidade.

Mato realizou estas declaración durante a inauguración, en O Carballiño, da “XIII Xornada de convivencia familiar Special Olympics”, que conta coa colaboración de Fademga Feaps Galicia. Este evento, que se celebra desde 2001 neste concello, trata de crear un lugar de encontro familiar, para potenciar o entretemento e a convivencia entre pais e fillos.

A titular do departamento autonómico mostrou a súa satisfacción por participar nestas xornadas e agradeceu ás dúas asociacións o labor que desenvolven na axuda ás persoas con discapacidade. Tamén felicitou aos gañadores das medallas Special Olympics de 2009.

Ademais, Mato aproveitou a súa intervención para concretar que o I Plan integral para persoas con discapacidade abranguerá distintas actuacións, como a mellora da accesibilidade aos espazos e servizos, e as accións positivas para ampliar as oportunidades de emprego.

A Consellería de Traballo e Benestar colabora estea no con Special Olympics Galicia, a través dun convenio de colaboración, con 220.000 euros.