09 julio 2009

La Xunta no dice que no al apoyo a pequeños y medianos astilleros

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández, ten previsto reunirse co conselleiro delegado de Pymar, Antonio Sánchez-Jáuregui, para estudar a posta en marcha de liñas de axuda que poidan reactivar a produción dos pequenos e medianos asteleiros.

A Xunta de Galicia valorará a posibilidade de realizar novos afianzamentos, conceder préstamos ao circulante das empresas e inxectar novas transferencias ao Fondo Patrimonial de Garantía para axudar a este colectivo, que aglutina ás pequenas e medianas empresas de construción de buques, a superar o actual momento de crise económica que está padecer o sector naval.

No encontro analizaranse as aportacións feitas ata o de agora pola Xunta de Galicia ao Fondo Patrimonial de Garantía, suscrito con entidades financieiras e que asegura os contratos para a construción de buques. Na entrevista, na que tamén participará o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, concretarase a capacidade de apoio da Consellería de Economía e Industria a un sector co que está altamente comprometida, tal e como manifestou o propio conselleiro en máis dunha ocasión, para poder superar a crise económica.