Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O BNG afirma que o Partido Popular paraliza o Parque Empresarial de Ponteareas porque defende outros intereses. Para os nacionalistas, nunca antes unha visita institucional dun cargo público do Goberno Galego resultara tan negativa para Ponteareas coma a desta semana do Delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. Agora sabemos os resultados reais desta visita, trasladarlle ao alcalde, Salvador G. Solla, que o parque empresarial “Val do Tea”, quedará a cola e antes priorizarán outros investimentos pero non en Ponteareas.
Para Bolívar González, Portavoz Municipal do BNG, O Delegado da Xunta e o Alcalde, acaban de facer o maior exercicio de cinismo político, primeiro afirman que o concello de Ponteareas “será prioritario nos investimentos a realizar pola Xunta de Galicia”, agora veñen de confirmar as suas verdadeiras intencións, paralizar todos os compromisos de investimentos en Ponteareas, iniciados polos nacionalistas no anterior Goberno Galego como o parque empresarial Val do Tea ou botar abaixo o o plan de vivenda protexida do Paseo Matutino entre outros.
Resulta difícil ver como se pode facer máis daño a Ponteareas en momentos de crise como os actuais, afirmou Bolívar González, “nestes momentos nos que todas as administracións priorizan os investimentos en obra pública e o fortalecemento do tecido productivo para salir mellor da crise económica”, o PP fai todo o contrario en Ponteareas, declarou o portavoz do BNG
Por outra parte, o BNG retou ao Partido Popular a solucionar a ordenación da zona industrial da Lomba nos dous anos que lle quedan no goberno municipal. Os nacionalistas responsabilizan ao PP desta situación que sofren as empresas alí instaladas. O PP non foi capaz de solucionar a ordenación desta área industrial despois de decenas de anos na Xunta e no goberno local.