10 julio 2009

Preparada la Festa da Prehistoria, en Mos

MOS (MORRAZO-TRIBUNA).- presentouse no Parque da Penacova, en Mos o programa da VIII Festa da Prehistoria. Os organizadores, acompañados das Concelleiras de Cultura e de Medio Ambiente fixeron un repaso das actividades previstas para a 2ª fin de semana de agosto.
Este ano o evento está organizado pola Asociación Cultural Festa da Prehistoria, unha nova asociación que integra a membros das distintas tribos participantes. Os seus representantes destacaron a continuidade das obras realizadas no Parque da Penacova. Estas obras comezaron en 2005 a proposta dos organizadores da festa, que pretenden converti-lo lugar nun parque temático baseado na Prehistoria. A Concelleira de Medio Ambiente, Ana Cabaleiro, intentará que en vindeiros anos o parque se convirta nun referente de toda a área metropolitana de Vigo.

PROGRAMACIÓN:

Do 15 de xullo ó 15 de agosto o Pazo de Mos acollerá a exposición “A primeira industria da humanidade no Paleolítico Inferior”. O responsable desta exposición, Manuel Ledo, membro da asociación e experto en manipulación de materiais líticos, propón un percorrido pola evolución das ferramentas de pedra que fabricaron os primeiros homínidos.

O domingo, 2 de agosto realizarase unha excursión as covas naturais de Mos. Coa colaboración do Clube de Espeleoloxía “Maúxo” visitaránse varias covas naturais, algunhas delas catalogadas coma patrimonio arqueolóxico. Ademáis tamén se visitarán varios lugares de interés histórico: a mámoa e o petróglifo do Salgueirón, o xacemento do Calcolítico de Pedradita, o Coto dos Castros e o Castelo.
Saída: ás 10 da mañá, do Pazo de Mos.
Chegada: ás 13:30 h. aprox.
Os interesados en participar activamente na festa ou ampliar información sobre o programa poden dirixirse á seguinte dirección de correo electrónico:
festadaprehistoria@gmail.com