Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, manifestou hoxe á ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa, a plena disposición da Xunta de Galicia a cofinanciar a depuradora de Vigo, a través de fórmulas que permitan á Administración autonómica afrontar os pagos desta infraestrutura. Confirmou que se trata dunha obra prioritaria, así como o interese do Goberno galego de que se licite o antes posible.
Dentro do espírito construtivo e de diálogo co que se afrontou a reunión, Hernández plantexou alternativas viables para desbloquear a situación e facer posible o financiamento autonómico.
A primeira das propostas foi que os 115 millóns de euros a aportar pola Xunta de Galicia sexan adiantados por Acuanorte para a execución da obra, posibilitando que a Administración galega amortice a débeda nun período de entre 15 ou 20 anos.
A solución permitirá á Xunta adiantar o 25% da súa aportación nos primeiros cinco anos, incluíndo o 2009, e o 75% restante nas anualidades que se acorden.
A segunda das solucións pasaría por que fose Augas de Galicia o organismo intermedio encargado de xestionar os fondos Feder destinados á depuradora de Vigo. Isto significaría que a Xunta podería recibir os fondos correspondentes á Edar e licitar e executar a obra no momento en que se peche o acordo, é dicir, de xeito inmediato.
Con esta proposta o Estado non perdería diñeiro, xa que nunca se preveu que aportara fondos propios para a execución desta obra. Ademais, gañaríase rapidez e eficacia na xestión administrativa, ao ter que intervir só dúas administracións (Xunta e concello). Deste xeito, o executivo autonómico tamén podería realizar a programación financeira que estimara convinte para aportar o orzamento complementario aos fondos europeos.
A ministra Espinosa rexeitou ambas propostas polo que a situación da depuradora de Vigo atopase no mesmo punto que antes da reunión. A Xunta de Galicia insiste en que as solucións plantexadas son legais e viables.
Por outra banda, o conselleiro informou á ministra de que nos orzamentos dos que dispón Augas de Galicia existe unha partida orzamentaria de 12 millóns de euros consignada como fondos provintes dos orzamentos xerais do Estado para obras do Plan Nacional de Calidade das Augas.
Aos efectos desta transferencia, existe un protocolo asinado polo anterior Goberno co Ministerio de Medio Ambiente. A MINIS afirmou que ese estudará a situación