07 julio 2009

Vuelta a empezar : la Xunta da largas a los expropiados de la Plataforma Salvaterra-As Neves

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-Os membros da asociación de afectados polas expropiacións da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves serán recibidos na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, despois de que o departamento que dirixe Agustín Hernández recompile toda a información e estude a situación real deixada polo Goberno bipartito en relación con este tema.

Responsables de Medio Ambiente recibirán aos veciños unha vez analizados ao detalle todos os puntos e temas que afectan á cuestión, co obxectivo de informar aos afectados da situación e as accións que se realizarán. Cómpre sinalar que a solicitude de entrevista enviada polos implicados ten rexistro de entrada na Consellería de Medio Ambiente con data do 23 de xuño.

O actual Goberno está estudando os compromisos e o alcance dos mesmos, que foron aprobados polo Goberno bipartito. Tamén se están a definir os compromisos que deben asumir as outras administracións implicadas neste proxecto, xa que no seu momento tamén contou co apoio da Zona Franca e o Porto de Vigo, ademais do da Xunta de Galicia.

Ao actual departamento responsable en materia de territorio non lle consta que o convenio aprobado pola anterior Xunta de Galicia para efectuar os pagos fose firmado polas partes implicadas.