11 diciembre 2008

BNG apoya las medidas económicas del Gobierno pero recuerda que no dejan de ser un parche coyuntural...

MADRID (MORRAZO-tribuna).- A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, expresou esta mañá no Pleno o apoio dos nacionalistas galegos ao Real Decreto-Lei polo que se crea un Fundo Estatal de Investimento Local e un Fundo Especial do Estado para a Dinamización da Economía e do Emprego, que supón un investimento de 11.000 millóns de euros.
A deputada do BNG afirmou que a creación destes dous grandes fundos de investimento supón a “plasmación dunha medida longamente reivindicada polo BNG, o incremento do investimento público para facer fronte á crise económica”.

É certo, dixo Davila, que este Fundo Estatal permitirá aos concellos acometer importantes proxectos pero subliñou a ausencia das CC.AA. “No eido autonómico só hai actuacións contempladas para a Lei de Dependencia” pero sen unha definición moi clara, e criticou que “non se resolva o problema de termos un marco de financiamento estábel”.

Este Decreto Lei, puntualizou, “esquece ás Comunidades Autónomas” e, incluso, incorpora aspeitos que son “claras interferencias como as actuacións en I+D+I. Para Davila este novo Decreto “é un mero parche que non resolve as insuficiencias que ten o financiamento local e, no caso galego, non se teñen en conta as especificidades propias de Galiza como son a dispersión poboacional e o envellecemento”.

O BNG pede unha ampliación do prazo para a presentación de proxectos dos concellos

A deputada do BNG pediu ao Ministro de Economía, Pedro Solbes, que se amplíe o prazo para que os concellos presenten os proxectos porque, sinalou, “dubidamos que as Administracións locais poidan ter os proxectos debidamente preparados para o prazo estipulado do 24 de xaneiro”. Neste sentido, demandou unha ampliación dos prazos.