VIGO (MORRAZO-tribuna).- Este sábado e domingo as asociacións veciñais abrirán as súas portas a toda a veciñanza para acoller unha nova edición do programa Veciñanza Activa: Xornadas de Deporte Veciñais; Saúde e lecer nas fins de semana. Calquera persoa pode achegarse ás asociacións veciñais para gozar de diferentes actividades saudables e de lecer para todas as idades, nun programa froito do convenio de colaboración entre a FAVEC e Tenencia de Alcaldía.
Programa
Sábado 13 de decembro
- Xogos deportivos para nenos de 10:00 a 13:00 horas na A.V. Camiño Vello de Coia (rúa Marín 1)
- Cachibol de 10.00 a 12.00 horas na A.V. “Monte da Mina” de Castrelos (rúa Monte da Mina nº16)
- Aerobic de 11:30 a 12:30 horas e Cachiball 17:00 a 18:00 horas na A.V. de Coruxo (Avda. Ricardo Mella 296)
- Sendeirismo “Ruta circular do Folón” de 9:00 a 13:00 horas e Cachiball de 17:00-18:30 horas na A.V. O Freixo (Estrada de San Xoán nº264)
- Petanca de 16 a 19 horas na A.V. “Agarimo” de San Xoán Poulo (rúa Vista do Mar nº6)
Domingo 14 de decembro
- Qi Gong de 10 a 12 horas na A.V. “Monte da Mina” de Castrelos (rúa Monte da Mina nº16)
- Aerobic de 11:30 a 12:30 horas na A.V. de Coruxo (Avda. Ricardo Mella 296)
Con esta iniciativa o movemento veciñal quere abrir as asociacións a toda a cidadanía tamén durante as fins de semana, para que funcionen como puntos de encontro para toda a cidadanía, de lecer e de promoción de hábitos e prácticas saudables.
Todas as actividades son gratuítas, están abertas a toda a cidadanía que quera participar e basta con personarse na asociación ou lugar indicado minutos antes do comezo de cada actividade.