Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- As pescudas van por bo camiño, referiu uma fonte que non quería precisar mais. O caso é que axentes da Policía Nacional investigan a explosión habida esta madrugada nun caixeiro automático de Caixa Galicia, ubicado en Vigo así como tambén no cao do incendio provocado nun concesionario en Nigrán. A explosión do caixeiro en Vigo produciuse sobre as 2.15 horas na oficiña que a entidade financeira ten na estrada provincial en Vigo. No suceso houbo desfeitas materiais e -dende logo- ningún dano a persoas.
Por outra banda, ao redor da medianoite un concesionario da marca Renault, Rodosa, situado na parroquia de Priegue (Nigrán) comezou a arder, nun incendio provocado, o que provocou que varios coches resultasen calcinados.