17 junio 2009

Conselleira MATO dice esperar que los sucesos de hoy en Vigo no estén relacionados con el Metal

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A conselleira de Traballo e Benestar lamentou os incidentes sucedidos hoxe en Vigo, onde explotaron varios artefactos explosivos. Precisamente, respecto a estes sucesos, asegurou que “non lle gustaría que estivesen vinculados a un conflito”.

A conselleira fixo estas declaracións en Ourense, antes de reunirse coa directiva da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), onde preguntada polos medios de comunicación sobre o conflito do metal, fixo un chamamento a que as negociacións sexan dialogadas e con consenso, porque todas as partes “teñen dereitos”.

“O que non pode ser é que a defensa dos dereitos atente contra o benestar da cidadanía e contra aquelas persoas que queren traballar”, aseverou Mato.

A titular de Traballo considerou que “non podemos permitir chegar a un punto no que o conflito laboral intente utilizar golpes de efecto”. Por iso, apelou a que o diálogo sexa a “tónica xeral” da negociación dun convenio colectivo dun sector concreto e dunha provincia.

Ademais, a conselleira avanzou que na xornada de hoxe desde o departamento autonómico volvéronse a facer numerosos contactos con ambas partes, unha vez que a patronal abandonou onte a negociación, co fin de retomar de novo as conversas o máis cedo posible, e a máis tardar, mañá mesmo.