18 junio 2009

BNG quiere retirar el canon por préstamo en bibliotecas, PP y PSOE se oponen

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O PP e o PSOE impediron esta mañá no Senado a aprobación da moción do senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, para que o Goberno promova na UE, coincidindo coa presidencia española no primeiro semestre de 2010, a supresión do canon por préstamo bibliotecario para as bibliotecas públicas através da modificación da directiva comunitaria 2006/115/CE.

PP e PSOE dacordo co canon

Os grupos maioritarios manifestaron a súa posición en contra da iniciativa do BNG porque, según a portavoz socialista, “é unha obriga normativa para todos os paises da UE e non podemos saltarnos as normativas europeas”. No caso do PP, que en palabras do seu portavoz “non nos caracterizamos por estar dacordo co canon, pero con este sí porque é unha norma da UE”.

Un canon inxusto que non beneficia aos escritores

O senador do BNG explicou as razóns polas que é preciso eliminar dito canon. Así no ano 2007 entraba en vigor a lei 10/2007 de Leitura, do Libro e das Bibliotecas que introduce cambios no sistema do préstamo bibliotecario. En aplicación da directiva europea 2006/115/CE a nova lei “estableceu un canon de préstamo bibliotecario” por cada obra adquirida con destino a préstamo nas bibliotecas públicas de municipios de máis de5.000 habitantes.

A obriga de pago correspóndelle aos concellos e á Administración central, pero o Ministerio de Cultura o asumiu no 2007 e anunciou que o custearía en parte no 2008.

O senador nacionalista subliñou que este “canon suscitou un forte rexeitamento en diversos sectores. Hai unha plataforma cidadán e máis de 400 escritores que asinaron en contra desta normativa”, e nomeou a Saramago, Emilio LLedó e José Luis Sampedro, entre outros. “Trátase dun canon absolutamente inxusto e non beneficia aos autores xa que boa parte deles está en contra”.
Tampouco está exenta de polémica na UE pois “é motivo de discordia noutros paises da UE”.

Ademáis, alegou Xosé Manuel Pérez Bouza, “as bibliotecas públicas son as que mellor defenden os dereitos dos autores porque fomentan a leitura e pagan os dereitos de autor ao adquirilas”. Sen esquecer, sinalou, que “nun contexto de crise económica no que xa se reduciu os orzamentos de adquisicións dalgunhas bibliotecas, é inadmisíbel cargalas dun novo gasto”.

Asemade, o parlamentar nacionalista lembrou que o préstamo por habitante/ano no Estado español segue moi por debaixo da media europea, e os índices de leitura tamén están en níveis inferiores á media comunitaria”. Tamén reprochou o feito de que os bibliotecarios adiquen unha parte da súa xornada laboral a proporcionar uns dados que benefician a unha entidade privada de xestión: o CEDRO.