05 junio 2009

Davila quiere que Pepe Blanco toque también la partitura de la olvidada salida sur ferroviaria de Vigo

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que pregunta ao Goberno en que estado se atopa o proxecto de construcción da saída sur de Vigo do Eixo Atlántico, tramo Vigo-Tui.

Lembra a deputada do BNG que en setembro de 2008, o Goberno lle informaba nunha resposta por escrito que “se redactou e se someteu a información pública o Estudo Informativo desta actuación. Actualmente se están a analizar as alegacións presentadas”.

Ademáis, a parlamentar nacionalista quer saber se se executou o orzamentado para o ano 2008, e en que grao de execución se atopa o orzamentado para o ano 2009.

Outra das cuestións que dirixe ao Ministerio de Fomento é a relativa á estación de Urzaiz que actualmente conta con oito vías, e un servizo de reparacións. “Pero según parece a nova estación de Urzaiz vai contar con seis vías de tres andéns”. Razón pola que pregunta ao Ministerio cantas vías vai ter a nova estación. “A que se debería o recurte de vías e a súa diminución respeito ao número actual?”.