VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-O presidente da Deputación, Rafael Louzán, mantivo hoxe una xuntanza de coordinación cos alcaldes da provincia que a través do ORAL (Organismo Autónomo de Xestión de Recursos Locais) lle reclamarán ó Ministerio de Facenda a compensación correspondente ó IBI da AP-9, é dicir, as retribucións que non cobraron os concellos xestionados polo ORAL polos beneficios fiscais que teñen estas vías.
Louzán Manifestou que “hoxe foi confirmada positivamente por parte de todas estas administracións locais a súa conformidade para tramitar esta reclamación e posiblemente a curto ou a medio prazo poidan ingresar achegas económicas que son moi importantes nestes intres en que están faltos de recursos”.
As cantidades a reclamar no período 2007-2009 por ter a consideración de BICES as autopistas de peaxe perante eses exercicios: 12 concellos cobraron 222.308 euros, e cobrarían, coa nosa reclamación, un total de 4.232.252 euros.
Participaron na xuntanza de traballo os alcaldes de Valga, José María Bello Maneiro; de Caldas, Manuel Rey; de Poio, Luciano Sobral; de Meis, José Luis Pérez; de Barro, José Antonio Landín; de Pontecesures, Mari Luz Castro; de Vilaboa, José Luís Poceiro; de Tui, Feliciano Fernández Rocha; de Moaña, José Manuel Millán; de Portas, Roberto Vázquez; e de Mos, Nidia Arévalo.
Actualización de taxas
Tamén, segundo explicou o titular da Deputación, na xuntanza de traballo mantida hoxe “instámoslles ós alcaldes que actualicen a taxa impositiva dos BICES xa que algúns a teñen establecida no 0,6% e outros no 1,3”. Todos os concellos deben adaptalas ó 1,3 para os Bens Inmobles de Características Especiais.
Rafael Louzán considera que “os concellos están faltos de recursos e esta institución é a canle para reclamar o que en xustiza lle corresponde”. Neste senso, Louzán, quen recordou que o Concello de Valga, por exemplo, deixará de recibir de tributos do estado 400.000 euros so este ano 2009. “Esta é unha cantidade moi significativa para municipio como este para o manexo diario”.
Gasoduto posible BICES
Por outra banda, o presidente da Deputación, anunciou que dende o ORAL vaise a iniciar tamén unha posible reclamación para que todos aqueles concellos afectados polo paso do gasoduto poidan ter tamén unha compensación económica sé é declarado como Ben Inmoble de Características Especiais.