16 junio 2009

El BNG denuncia el cierre de una web de la Xunta sobre Memoria Histórica

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A portavoz do BNG na Comisión de Cultura do Parlamento Galego, Ana Pontón, denuncia que o peche por parte da Consellaría de Cultura da súa propia web de recuperación da memoria histórica –www.anodamemoria.com- “constitúe un novo caso de censura e cinismo político do Partido Popular”.

A deputada nacionalista lembra que “o PP votou a favor na pasada lexislatura dunha Proposición non de Lei do BNG condenando o franquismo”. Neste sentido, cualifica de “cinismo político que agora a Consellaría de Cultura queira silenciar ao conxunto da sociedade galega esta etapa, pretendendo condenar ao esquecemento a todas as persoas que sufriron represión e mesmo pagaron coas vidas por defender as súas ideas”.

“Todo indica que o PP vai romper con todas as liñas de apoio á recuperación da memoria histórica”

Ademais, Ana Pontón considera “lamentábel que a Consellaría de Cultura non teña posto en marcha ningún proxecto e únicamente se dedique a destruír o que se fixo na pasada lexislatura”.

“Todo indica que o PP vai romper con todas as liñas de apoio á recuperación da memoria histórica no noso país”, advirte a deputada do BNG.

Ante esta situación, a portavoz do BNG na Comisión de Cultura anuncia que esixirá responsabilidades polo peche da web do Ano da Memoria e solicitará que se manteñan as liñas de axudas para a recuperación da memoria histórica en Galiza.