VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, transmitiulle hoxe á presidenta de Galicia Bilingüe a súa firme condena dos actos violentos e ameazas das que foi vítima nas últimas horas. O máximo mandatario autonómico púxose en contacto esta mañá con Gloria Lago para expresarlle o apoio de todo o Goberno galego.
O xefe do Executivo autonómico considera deplorable a actitude dos que optan polo uso da violencia fronte aos valores de diálogo e tolerancia propios da democracia. Así mesmo, o presidente da Xunta mostrouse confiado en que os corpos e forzas de seguridade identificarán aos responsables dos ataques e estes responderán dos seus actos ante a xustiza.