VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-Javier Domínguez Lino, concelleiro de Poio (Pontevedra), será nomeado o vindeiro venres novo xerente de Xestur-Pontevedra según acordou hoxe o Consello de Administración de Xestur constituido nun acto que tivo lugar na Deputación de Pontevedra coa asistencia, entre outros, do director xeral de Vivenda e Solo, Antonio Boné; a directora xeral de Patrimonio da Consellería de Fazenda, Rosa María Pedreira; o xerente do IGVS, Humberto García; e o presidente da institución provincial, Rafael Louzán.
Novos membros
No acto acordouse cesar ós membros do anterior Consello de Administración de Xestur e propoñer como novos membros do organismo a Alberto Seoane, enxeneiro de Vigo; José Antonio Eirín, subdirector de Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente; Humberto García Porto, xerente do IGVS; Teresa Pedrosa, vicepresidenta da Deputación; Manuel González Juanatey, director de Infraestructuras da Deputación; Xosé Manuel Cores Tourís, delegado territorial da Xunta en Pontevedra; Lucía Molares, delegada territorial da Xunta en Vigo; José Manuel Figueroa, vicepresidente da Deputación; e Elena Barba Pan, subdirectora xeral de Contratación da Consellería de Fazenda.
Os órganos de goberno , control e xestión de Xestur-Pontevedra están constituidos por un Consello de Administración, unha Comisión Executiva formada por catro comisionados elexidos polo Consello e unha Xerencia que é a responsable das distintas áreas de xestión que integran o organigrama de Xestur.
A empresa pública, participada pola Xunta e a Deputación, estructúrase en cinco áreas (económica, comercial, técnica, xurídica e administrativa) baixo as ordes directas da xerencia.
O principal obxectivo de Xestur-Pontevedra é a xestión de solo na provincia. A súa labor inclúe a elaboración de estudios urbanísticos; a redacción de plans de ordeación e proxectos de urbanización; o desenvolvemento da actividade urbanizadora (promoción e preparación de solo industrial, empresarial ou residencial e realización de obras de infraestructura urbana ou dotación de servizos para executar plans de ordeación); a construcción, arrendamento e alleamento de naves e locais industriais e comerciais; a promoción e preparación de solo empresarial e a súa xestión e venta.
Xestur-Pontevedra desenvolve tamén o programa de Vivenda en Alquiler e o seu capital social está participado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), a Consellería de Economía e Fazenda e a Deputación de Pontevedra.