15 junio 2009

La Selecciòn Española de Balonmano visita la Deputaciòn de Pontevedra

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, desexoulle hoxe os maiores éxitos deportivos á Selección Española de Balonmán que está concentrada na provincia de Pontevedra con motivo da celebración de partidos clasificatorios para o campionato Europeo en Vigo, Cangas e Pontevedra.
Louzán puxo de relevo que a provincia ten unha importante tradición no deporte do balonmán con dous equipos actualmente na máxima categoría, o Pilotes Posada e o Cangas. Así mesmo, recordou que “tamén xogaron na división de honra o Chapela nos seus tempos e o Teucro que esperamos volva a ascender de cara á vindeira temporada”.
Rafael Louzán, tamén lles comentou ós xogadores que a Deputación está a traballar de forma intensa coa canteira a través das escolas deportivas.
Os partidos oficiais do campionato europeo celebraranse o vindeiro mércores, 17 de xuño ás 20.30 no pavillón do Gatañal de Cangas onde se enfrontarán España-Lituania, e o domingo, 21 de xuño, no pavillón municipal de Pontevedra, onde a selección nacional xogará contra Holanda.