05 junio 2009

Media Ambiente advierte que Pepe Blanco anda adornándose con plumas ajenas...

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-En relación coas informacións publicadas sobre o cambio de ancho na vía do Eixo Atlántico a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas quere aclarar que a Xunta de Galicia –despois de coñecer as declaracións do Ministro de Fomento, José Blanco- que non se anuncia nada novo, pois as ferramentas previstas para facer efectivo este cambio xa están definidas. En concreto, o proxecto do AVE xa contempla que todas as travesas colocadas son polivalentes, para poder facer o cambio de ancho. En definitiva, en termos construtivos o cambio anunciado polo ministro de Fomento non aportan novidade algunha.

Cómpre destacar que calquera cambio que se realice debe facerse despois de elaborar unha análise en profundidade para non interferir na operatividade e funcionalidade da vía.

Considerase que o desexable sería definir unha planificación para o cambio do ancho de vía na rede ferroviaria galega, establecendo prazos e actuacións que estean coordinadas con outras intervencións deste mesmo tipo na rede ferroviaria española e portuguesa, ao obxecto de tratar de minimizar o impacto destas transformacións sobre os tráficos.