18 junio 2009

TSXG impide a la CIG la parálisis de la consulta a los padres promovida por la Xunta

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Consellería de Educación amosou hoxe a súa satisfacción pola decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de respaldar a súa actuación fronte ás pretensións da CIG de paralizar a consulta aos pais mediante unha trampa legal. “Segundo o auto do TSXG –indicaron as mesmas fontes- queda claro que nas circulares informativas emitidas aos centros non houbo imposicións nin instruccións irregulares aos directores dos centros por parte da Consellería. Queda claro que as nosas instruccións en absoluto vulneran os dereitos fundamentais de libertade de expresión, reunión, asosicación e sindical”.

Consecuentemente, da decisión xudicial despréndese que a Consellería non cometeu ningunha irregularidade nin coartou ou impediu o exercicio dos dereitos dos profesores ou dos directores, como inxustamente viñan denunciando dende o devandito sindicato e outros colectivos. De feito, o pasado día 8 xa pediran que a xustiza suspendera “de oficio” a consulta e mesmo días despois anunciarían que pensaban recurrir os resultados da mesma.

En opinión da Consellería de Educación, a demagoxia acaba de quedar ao descuberto e os promotores do boicot ao cuestionario enviado aos pais ficaron en evidencia polas súas infundadas acusacións. Queda de manifesto que xa non existen impedimentos para que os país decidan libremente, polo que dende o departamento de Educación agradeceráse a colaboración de toda a comunidade educativa no normal desenvolvemento dunha consulta á que están chamadas, ata mañá día 19, as familias de 330.000 alumnos do sistema non universitario de Galicia.