31 agosto 2009

Las subvenciones de la Secretaría Xeral para o Deporte

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Secretaría Xeral para o Deporte destina máis de 1.5 millón de euros na concesión de subvencións aos concellos de Galicia para a realización de obras de construción, mellora, acondicionamento e reforma de instalacións e espazos deportivos e para a adquisición de equipamentos.

O pasado 30 de xuño dictouse unha resolución pola que aprobaron as bases reguladoras para a consecución destas axudas e os concellos teñen de prazo ata este luns para presentar a documentación necesaria.
Mediante as subvencións a colaboración cos concellos da comunidade autónoma de Galicia, para a mellora das instalacións e espazos deportivos de titularidade municipal e para a adquisición dos equipamentos deportivos precisos para o axeitado desenvolvemento da práctica deportiva, co gallo do fomento da actividade física enmarcado nun estilo de vida saudable.

Dos 1.590.000 euros para subvencionar aos concellos, 1.190.000 euros destínanse para a construción de pistas multideportivas ao aire libre, circuítos biosaudables ao aire libre (obras necesarias para a instalación dos aparellos para a realización dos exercicios), rutas de sendeirismo e ciclismo, incluindo a súa correcta sinalización; rutas para a carreira, circuítos urbanos para camiñar, espazos para a práctica da patinaxe (patíns e skate), instalacións para deportes tradicionais e pistas de pádel o outras instalacións ou espazos.

Unha partida de 400.000 euros destinarase para adquisición de equipamento deportivo inventariable consistente nun conxunto de ata 8 aparellos para a realización de exercicios nos circuítos biosaudables, e prioritariamente destinados ás persoas de 65 ou máis anos.