24 agosto 2009

Pontevedra sigue siendo la provincia con más accidentes en los fines de semana

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 97 persoas debido a 79 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15.00 h. do venres, 21 de agosto, ata as 23.59 h. do domingo, 23 de agosto. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o sábado, con 34 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 99 chamadas en relación con accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 79 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061, que atenderon a un total de 97 persoas.

A porcentaxe de homes atendidos foi do 71% e a de mulleres foi do 29% . No que se refire ás idades dos feridos, obsérvase que un 47% dos atendidos ten entre 20 e 34 anos. Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos destas datas, con 34 sinistros en total.

Provincia Procesos
A Coruña 21
Lugo 15
Ourense 9
Pontevedra 34
Total 79

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 108. Así, as UVI móbiles se mobilizaron en sete ocasións; o helicóptero acudiu a un sinistro, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 91 accidentes; as concertadas en tres casos; e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061 en caso de necesitarse prestaron asistencia en 6 sinistros.

En 75 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes e en nove ocasións ao centro de saúde ou Punto de Atención Continuada de Atención Primaria, mentres que 10 persoas lesionadas foron atendidas no propio lugar no incidente sen necesitar traslado, e tres faleceron no lugar do accidente.