21 enero 2009

BNG ve positiva la resolución de la Junta Electoral Central sobre el voto de los residentes ausentes

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).-O BNG cualifica de “moi positiva a decisión adoptada esta tarde pola Xunta Electoral Central de esixir que os votos dos residentes ausentes vaian acompañados dunha copia do documento de identificación.
A resolución indica tamén que se deberá informar na campaña da emigración sobre a necesidade de incluír esta idetificación xunto co voto e asi se deberá indicar no sobre que envíe previamente a Administración aos membros do CERA.
O coordenador executivo do BNG, Francisco Jorquera, lembra que “aínda quedan moitos aspectos pendentesna reforma para garantir a limpeza do voto emigrante” mais considera tamén que este é “un paso positivo”.
O BNG presentou alegacións ante a Xunta Electoral solicitando xustamente que fose “vixiante neste sentido” na campaña galega.