29 enero 2009

Coppola y su magia fotográfica
ya están en Pontevedra


VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Teresa Pedrosa, presentou este serán, acompañada do director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle, e mailo director da Fundación Telefónica, Francisco Serrano, a exposición retrospectiva do recoñecido fotógrafo arxentino Horacio Coppola que, dende hoxe e ata o vindeiro 15 de marzo, acollerán as salas do Novo Edificio do Museo.
Segundo explicou Pedrosa, “trátase da maior antoloxía realizada ata a data en España de Coppola, polo que invito a todos os pontevedreses a todas as persoas que visiten a cidade nestas datas que non desboten a oportunidade de vela, xa que é unha exposición única e imprescindible para entender a modernidade da primeira metade do século pasado”.

A vicepresidenta tivo verbas de eloxio para a Fundación Telefónica, a quen agradeceu “a estreita colaboración que mantén co Museo de Pontevedra, agora refrendada coa xentileza de achegar a Pontevedra o privilexio de exhibir esta formidable parte da colección de Horacio Coppola, o retratista urbano da contemporaneidade de Bos Aires”.
Tamén lembrou “a especial transcendencia de que esta mostra se exhiba en Pontevedra, tendo en conta a forte vinculación que de sempre mantiveron Galicia e Arxentina”, e destacou “a modernidade con que, hai máis de oitenta anos, soubo ver o mundo Horacio Coppola, creador dun universo de xeometrías urbanas cativador e esplendoroso”.
A mostra
A mirada moderna de Coppola e as súas imaxes do Bos Aires cosmopolita e europeízante atravesan o Atlántico e instalaranse no novo edificio do Museo, nunha exposición que reúne 125 imaxes. As fotografías, tomadas polo artista entre os anos vinte e corenta do século pasado, reflicten a vocación “moderna” de Coppola, que desde o primeiro momento fixo da fotografía unha linguaxe artística autónoma que desenvolve a través da xeometría, a abstracción e as arquitecturas urbanas.
Dentro da exposición destaca a súa emblemática serie “Bos Aires”, encargada a Coppola en 1936 pola municipalidade da capital arxentina para conmemorar os 400 anos da fundación da cidade, serie na que o artista percorre, rexistra e retrata a paisaxe urbana cunha mirada sorprendida e cotiá, mostrándonos un Bos Aires cosmopolita, no que a gran personaxe é a propia cidade, cos seus habitantes, as súas luces de noite, as grandes tendas, rúas e lugares moi recoñecibles para o observador. Cada unha das imaxes é unha obra de arte en si mesma.
Outra das grandes iniciativas das conmemoracións do 400 aniversario da cidade de Bos Aires foi a construción do Obelisco e o ensanche da Rúa Corrientes. Absolutamente fascinado polo ritmo de transformación da cidade, realiza unha obra mestra de carácter construtivo, a película “Así naceu o Obelisco”.
Así mesmo, tamén se inclúen na mostra algúns traballos da súa viaxe a Europa, realizados na primeira década dos trinta, entre elos a súa homenaxe ó cubismo en sintonía coas vangardas artísticas internacionais. O seu paso pola Bauhaus de Berlín, nunha época inmersa en plena expansión vangardista, resulta decisivo na súa vida: na Alemaña realiza o filme “Traum”. Tamén en Francia documenta e filma “Un dique do Sena” e en Londres produce o seu primeiro documental, “A Sunday in Hampstead Heath”.
As súas imaxes amósannos a vertixe da cidade moderna, os ceos construídos, los portos xeometrizados, o artificialismo de las vitrinas e un senfín de detalles que subliñan a xeometría, a abstracción e as arquitecturas urbanas de Bos Aires en 1936, cando Arxentina estaba en su pleno esplendor. A mostra inclúe, ademais das 125 imaxes e as catro curtametraxes, unha selección bibliográfica.
A exposición permanecerá aberta ata o 15 de marzo, de 18 a 21 horas da tarde de martes a venres, de 11 a 14 horas e de 18 a 21 horas os sábados e de 11 a 14 os domingos e festivos.