29 enero 2009

Ponteareas : BNG insiste
en el "caso Soberosum"

PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna).-O BNG de Ponteareas pedirá no pleno ordinario do presente mes de xaneiro, que celebra este xoves 29, a creación dunha comisión de investigación para que se aclare o acontecido coa xustificación da publicación da revista “Soberosum”, por importe de 9.000 euros en outubro de 2007 e que un ano despois aínda estaba sin publicar.

Ata o de agora, o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, tense negado a contestar, a requerimento do BNG, todas as cuestións plantexadas sobre o expediente desta revista. O 30 de outubro de 2007, o goberno local do PP, xustifica a edición de 825 exemplares da revista “Soberosum”, remitindo as facturas aprobadas por 9.000 euros a Consellaría de Cultura, para percibir unha subvención do mismo importe en base ao convenio suscrito para a realización de investimentos en actividades difusoras do Museo Municipal. No pleno de outubro de 2008, un ano despois, o propio Andrés Sampedro, recoñecía que aínda estaba sin editar.

No pleno do vindeiro xoves tamén se debatirá unha moción do BNG sobre o conflicto de Gaza, en Palestina, para rexeitar os bombardeos e invasión levados a cabo polo exército de Israel e transmitir a solidaridade e apoio ao Pobo Palestino.