29 enero 2009

El PP cree que las ayudas por los temporales que la Xunta anuncia son una chapuza

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O PPdeG considera que as supostas axudas habilitadas pola Xunta para facer fronte aos efectos do recente temporal son “remendos e minucias” que non resultan suficientes para facer fronte a todos os estragos, polo que insiste en reclamar a declaración de zona catastróficas para os municipios máis prexudicados.
Manuel Ruiz Rivas, portavoz parlamentario do PPdeG reclama da Xunta que, como sinal de boa vontade, comece a aboar mañá mesmo as escasas axudas aprobadas hoxe, con independencia da necesidade da declaración de zona catastrófica que demandan unanimemente, con total xustificación, os veciños e os concellos arrasados polo temporal.

O PPdeG alerta tamén sobre as carencias do decreto aprobado hoxe polo Consello da Xunta, e cuio contido deberá desenvolverse a través de ordes das diferentes consellerías que non aparecen por ningures. Recorda Ruiz Rivas que nas enchentes de 2006, a Xunta tardou preto de 2 meses en publicar esas ordes, cos retrasos que iso implicou.

Fronte ás desafortunadas declaracións efectuadas hoxe polo aínda presidente da Xunta, Ruiz Rivas desvela que mentres Feijóo, coincidindo co temporal, tivo que ponunciar unha conferencia alumeado con linternas de pilas, Touriño ofreceu un mítin alimentado con xeradores eléctricos que lles foron negados aos habitantes de amplas zonas de Galicia que tiveron agardar varios días a que se lles repuxera a subministración ante a pasividade da Xunta.

Neste contexto, o PPdeG acusa a Touriño de tratar de sacar réditos políticos das desgrazas alleas, o que explica a visita fugaz -máis rápida que o vento, e cando o temporal xa pasara-, a algunha das áreas afectadas, interesándose unicamente polos danos ocasionados en concellos gobernados polo PSOE e deixando “ao pairo” a todos os afectados, con independencia do alcance dos problemas existentes.