27 enero 2009

Notable esfuerzo de las brigadas de la Deputación por los efectos de los temporales

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).-As brigadas de Vías e Obras da Deputación de Pontevedra realizaron esta fin de semana máis de 70 intervencións en estradas de toda a provincia para combater as distintas incidencias que provocou o temporal.
As actuacións destas brigadas, repartidas en tres zonas, superaron as 25 intervencións na zona norte, as 25 na zona centro e as 20 na zona sur da provincia.

Zona norte
No norte da provincia, —onde foron necesarios 2 motoniveladoras, 2 camións, 1 camión repartidor de sal e 4 brigadas de oito operarios, unha de elas apoiada por 2 brigadas de reforzo—, tívose que actuar sobre as estradas provinciais de Folgoso-Forcarei, Estrada-Forcarei, Codeseda-Sevil, Arca-Nigoi, Cerdedo-Santo Domingo e Cachafeiro-Silleda, para ataxar un desprendemento de desmonte e deslizamento de terraplén en Folgoso e varios desprendementos de muros e retirada de árbores caídas na calzada nos outros casos.
Tamén se actuou o sábado e o domingo sobre as estradas de Cachafeiro-Silleda, Lalín-Rodo-Brántega, Estrada-Forcarei, Castro-Dozón-A Rocha, Soutelo-Ratel, Bermes-Palmou, Prado-Vilatuxe, Soutolongo-Doade e Rodeiro-Oseira, onde se retiraron árbores caídas na calzada, neve e cables de telefonía.
Zona centro
Na zona centro, foron necesarios 2 camións, 1 pala mixta e unha brigada de oito homes reforzada puntualmente por outras dúas brigadas de oito operarios cada unha.
Actuouse, en Moraña, nas estradas de Chacente-Morillas-San Isidro, Muimenta-Armonda, Couso-Armonda e Moraña-Santa Xusta-Couso. En Pontevedra, sobre as estradas Canicouva-Pontesampaio, Marcón-Pintos-A Reigosa, Salgueiral-Tombo, Campolongo-Juan XXIII-Figueirido e Xeve-Amil-Espedregueira. En Cotobade, sobre as estradas Viascón-Cuspedriños e Carballedo-Caroi. No Salnés, actuouse nos viais de A Granxa-Dorrón, Samieira-Busto, Sanxenxo-Bordóns, Barrantes-Armenteira e Baión-András. En Caldas, sobre as estradas Caldas-Carracedo-Catoira e Caldas-San Clemente. Na maioría dos casos as incidencias limitáronse a árbores caídas na calzada, pero tamén houbo que retirar carteis que invadían os viais, desprendemento de pedras ou accidentes de tráfico.
Zona sur
A zona sur, auxiliada por 2 brigadas de 4 operarios e unha de 5, dotadas de 2 camións, 1 furgoneta, 1 pala, 1 podadora e 2 motoserras, atendeu as incidencias rexistradas nas estradas de Tomiño-Sabarís, Cañiza-Crecente, Paraños-Covelo, Ponteareas-As Neves, Arcade-Amoedo, Fornelos-Estacas, Os Valos-Amoedo, Louredo-Peinador, Mos-Puxeiros, Baiona-Loureza, Areas-Salceda e Riofrío-Toutón-Borbén.
Nestas actuacións, as brigadas tiveron que combater árbores de grandes dimensións e ramaxes en todas as estradas, desprendementos de terra e muros sobre a calzada.