26 enero 2009

Deputación sale al paso de las afirmaciones sin fundamento de un edil de Bueu

BUEU/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O director xeral de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra, Agustín Hernández, respondeu hoxe ás acusacións do concelleiro de Urbanismo de Bueu, Martín Villanueva, acerca da suposta “deixadez demostrada nos últimos anos pola Deputación” con respecto á mellora das vías do concello.
En canto a actuación sobre a estrada Alto da Portela-Parque de Castiñeiras, Hernández declarou que “a Deputación coñece perfectamente o estado desta vía, dun deseño bastante complicado, que precisa de ser ancheada e por iso estamos a facer un proxecto de ensanche”.

“Este vial”, apuntou, “sirve agora mesmo de acceso á zona industrial de Castiñeiras e vai servir a unha parte dos tráficos que acceden ó Parque industrial do Morrazo, por iso xa lle fixemos saber á Xunta de Galicia que debería incluílo no seu plan de estradas, porque aínda que a estrada e de titularidade provincial vai dar máis servizo ós usuarios deste polígono”.
“O que está claro es que este vial precisa de melloras urxentes”, concluíu, “e estamos traballando para arranxalo, tanto o firme, coma a anchura, coma o entronque coa estrada autonómica”.
Castiñeiras-Beluso e Castiñeiras-Bueu
No tocante á estrada que une Castiñeiras e Beluso, Hernández aclarou que “hai unha reunión técnica prevista no concello a semana que ven, onde se coñecerán as disposicións reais dos veciños para ceder os terreos, posto que existe unha petición de mellora da seguridade vial e tamén hai un problema do firme. Nos xa temos dito que o firme o imos arranxar e, de feito, xa temos un proxecto, pero lle dixemos ó concello que se conseguía os terreos nos comprometíamos a colaborar na dotación das beirarrúas”.
En canto á estrada, Castiñeiras–Bueu, “este ano incluíuse unha partida do PPC por importe de 154.000 euros para Banda do Río-Alto da Portela”, concluíu o director provincial de Infraestruturas.