26 enero 2009

Coppola no Museo de Pontevedra > A mostra do fotógrafo arxentino poderase visitar ata o 15 de marzo

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Deputación Provincial de Pontevedra e Fundación Telefónica presentarán ás 20 horas do vindeiro xoves, 29 de xaneiro, no novo edificio do Museo de Pontevedra a maior retrospectiva realizada ata o momento en España do recoñecido fotógrafo arxentino Horacio Coppola.
A mirada moderna de Coppola e as súas imaxes do Bos Aires cosmopolita e europeízante atravesan o Atlántico e instalaranse no novo edificio do Museo, nunha exposición que reúne 125 imaxes. As fotografías, tomadas polo artista entre os anos vinte e corenta do século pasado, revelan a vocación “moderna” de Coppola, que ós seus 102 anos reside en Bos Aires e goza de boa saúde.

A mostra revela a vocación moderna de Horacio Coppola, que desde o primeiro momento fixo da fotografía unha linguaxe artística autónoma que desenvolve a través da xeometría, a abstracción e as arquitecturas urbanas.
Dentro da exposición destaca a súa emblemática serie “Bos Aires”, encargada a Coppola en 1936 pola municipalidade da capital arxentina para conmemorar os 400 anos da fundación da cidade, serie na que o artista percorre, rexistra e retrata a paisaxe urbana cunha mirada sorprendida e cotiá, mostrándonos un Bos Aires cosmopolita, no que a gran personaxe é a propia cidade, cos seus habitantes, as súas luces de noite, as grandes tendas, rúas e lugares moi recoñecibles para o observador. Cada unha das imaxes é unha obra de arte en si mesma.
Outra das grandes iniciativas das conmemoracións del 400 aniversario de la cidade de Bos Aires foi a construción do Obelisco e o ensanche da Rúa Corrientes. Absolutamente fascinado polo ritmo de transformación da cidade, realiza unha obra mestra de carácter construtivo, a película “Así naceu o Obelisco”.
Así mesmo, tamén se inclúen na mostra algúns traballos da súa viaxe a Europa, realizados na primeira década dos trinta, entre elos a súa homenaxe ó cubismo en sintonía coas vangardas artísticas internacionais. O seu paso pola Bauhaus de Berlín, nunha época inmersa en plena expansión vangardista, resulta decisivo na súa vida: na Alemaña realiza o filme “Traum”. Tamén en Francia documenta e filma “Un dique do Sena” e en Londres produce o seu primeiro documental, “A Sunday in Hampstead Heath”.
Representante da modernidade na fotografía arxentina do século XX, Horacio Coppola (Bos Aires, 1906) rompe, co seu traballo, a tradición pictoralista, frecuenta os últimos anos da Bauhaus e desenvolve unha obra en sintonía coas linguaxes artísticas da Nova Obxectividade. Agora temos a posibilidade de contemplar a maior exposición realizada ata o momento en España sobre este fotógrafo arxentino. As súas imaxes amósannos a vertixe da cidade moderna, os ceos construídos, los portos xeometrizados, o artificialismo de las vitrinas e un senfín de detalles que subliñan a xeometría, a abstracción e as arquitecturas urbanas de Bos Aires en 1936, cando Arxentina estaba en su pleno esplendor. A mostra inclúe, ademais das 125 imaxes e as catro curtametraxes, unha selección bibliográfica.
A exposición permanecerá aberta ata o 15 de marzo, de 18 a 21 horas da tarde de martes a venres, de 11 a 14 horas e de 18 a 21 horas os sábados e de 11 a 14 os domingos e festivos.