23 enero 2009

Nidia Arévalo hace balance de su primer mes como alcaldesa de Mos

MOS (MORRAZO-tribuna).- A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, declarou hoxe en rolda de prensa que os avances que considera máis importantes son o desbloqueo das obras pendentes e dos compromisos para o polígono da Veigadaña, e a aprobación do orzamento para 2009 no mes de Xaneiro.

-Levouse a aprobación o orzamento de 2009 nun pleno celebrado o 20 de Xaneiro. Feito histórico no Concello de Mos.

-Convocatoria da comisión de deslinde, que se levará a pleno o vindeiro xoves, 29 de Xaneiro.

-Soterramento da liña de alumeado entre o Centro de Saúde e o alto de Puxeiros.

-Acometida do alumeado nas parroquias de Louredo, Dornelas e Mos. Alumeados estes moi necesarios que levaban anos sendo reivindicados polos veciños.

-Acometida de alcantarillados: dous en Amieirolongo e un en Castro, na parroquia de Mos. Os de Amieirolongo foran solicitados en 2007 e adxudicados en 2008 por un importe total de 67.680,52 euros. O de Castro solicitouse en 2006 e adxudicouse en 2008, conta cun orzamento que ascende a 57.786,08 euros. Ademais, o luns 26 de Xaneiro escomezarase a instalar o alcantarillado tamén en Louriñó, parroquia de Torroso.

-Creación dun novo posto, vital para o Concello de Mos, como é o de xerente de urbanismo. Será unha persoa experta na materia que organice o traballo e reconduza a situación de dito departamento.

-Limpeza de camiños e cunetas. Hai tres máquinas traballando: un camión, unha pala e unha moto niveladora, limpiando tódalas cunetas do municipio ás que teñen posibilidade de acceso. Xa están limpias a zonas Torroso e Guizán e a seguinte en limpiarse será a de Louredo. Os operarios pasarán por cada unha das parroquias ata que todas as cunetas queden limpias e desatascadas de desperdicios que poidan atascalas causando desbordamentos por mor da chuvia.
Tres tractores desbrozaron as ramas e silvas dos camiños de tódalas parroquias do Concello de Mos.

-Desenrolouse o proxecto piloto “Almorzo Saudable” cos alumnos de segundo da ESO do IES de Mos durante a semana do 15 ó 22 de Xaneiro.

-Actividade educativa complementaria para os estudiantes de Educación Secundaria Obligatoria do IES de Mos, consistente nunha obra de teatro a cargo do actor e guionista Cándido Pazó, que se celebrou o mércores 21 de Xaneiro no Centro Multiusos en dous pases: 10.30 horas e 12.30 horas.

-Modificación da RPT (Relación de Postos de Traballo) conseguindo que as prazas pendentes de cubrir estean xa asignadas. Publicouse a lista de admitidos e convocáronse os tribunais para asignar os postos que estaban pendentes de cubrir dende o mes de Febreiro de 2008. Os aspirantes entregaran xa toda a documentación en Agosto, pero ata o de agora estiveron á espera da adxudicación dos postos, motivo polo cal se modificou a RPT.

-Onte, 22 de Xaneiro, pola tarde saiu a lista de substitución dos servicios de limpeza do Concello de Mos.

-Entrega de xoguetes durante a Campaña de Nadal.

-Xa está feito e redactado o II Plan de Igualdade, que será levado a pleno para a súa aprobación o vindeiro xoves, 29 de Xaneiro.

-O equipo de goberno local mantivo reunións con tódalas asociacións do municipio.

-Revisión dos contedores de lixo para proceder a cambiar os que se atopen en malas condicións.

-Arranxos no Centro de Saúde, entre os que destaca a reforma feita na sala da matrona.

-Pago de débedas atrasadas ós proveedores do Concello e de subvencións atrasadas ás asociacións municipais. Dende o cambio de goberno local, o Concello de Mos concedeu subvencións a asociacións do municipio por valor de 72.075 euros. Concretamente, dende o pasado mes de Decembro de 2008 concedéronse cinco subvencións: unha de 32.000 euros á Agrupación ANPAS, outra de 1.350 euros ó Clube Escravas da Virxe Dolorosa, outra de 1.000 euros para o rallye, outra de 725 euros para a Comunidade de Montes de Guizán e outra de 37.000 euros para a Escola de Música. Estas subvencións son vitais para que as asociacións poidan realizar o seu programa de actividades.

-Retirouse toda a terra acumulada no Ceminterio de Torroso, que estaba a converterse nunha auténtica escombrera.

-Adquisición por parte do Concello do mobiliario da anterior gardería infantil para que poida pasar a funcionar coma Galescola, xa que o Consorcio non concretaba que ía pasar con ese mobiliario.

-Petición á Consellería de Traballo de accións formativas para desempregados. O plan FIP contará en Mos con cursos de fontanería, electricidad, soldadura, carpinteiría e informática, entre outros.

-Iniciouse o proceso para a aprobación do Consorcio de Emprego.

-Posta en marcha da obra de acceso a San Eleuterio, pendente dende o ano 2006. O proxecto desta obra, que custará máis de 400.000 euros, estivo paralizado durante tres anos e arranca agora. As melloras para a zona consisten na urbanización coa conseguinte dotación de servicios e na mellora e ensanchamento do vial.

-Reiniciadas as obras nos muíños da Salgueira. Estes muíños son coñecidos polas reivindicacións dos veciños e do Partido Popular porque non se axustaban ó proxecto nin ás solicitudes dos habitantes do seu entorno. As obras levaban paralizadas dende fai un ano e nós reiniciámolas para rematalas.

-Colocáronse semáforos no cruce do mesón Argentino, na parroquia de Sanguiñeda.
-Comenzouse a mellora do pavimento do vial Campo de Eiró – Igrexa de Pereiras.

-Contratación de dúas obras pendentes do ano 2008: a urbanización de Cantín en Mos e a parada de Buenos Aires en Dornelas.

-Rematouse a obra Arroyo Perral en Louredo, bloqueada dende o ano 2006.

-Inicio das obras do novo pavillón de Atín.

-Logrouse que a experiencia piloto do servicio de transporte cun autocar de Monbus traslade ós usuarios ata a porta de entrada do hospital Meixoeiro e non os deixe na rotonda na que os facía baixar ata o de agora.

-Desbloqueo da paralización dos compromisos na Veigadaña. Arrancaron os compromisos por parte de Xestur e da consellería de Vivenda e Solo de mellorar as condicións das obras do polígono da Veigadaña: retranqueo dos taludes de terra, ensanchamento do vial ó máximo nas zonas nas que sexa posible, emisión e sinatura dos pertinentes certificados de seguridade e solidez, comprobar que non hai perigo de derrubamento dos muros inxectados de contención, manter os muros coa altura mínima permitida para non crearlles sensación de encaixonamento ós veciños que teñen as súas vivendas nas inmediacións, urbanización da zona coa conseguinte acometida de alumeado, beirarrúas… etc.; canalización e instalación soterrada dos servicios coma saneamento, alcantarillado, traída de auga potable… etc. O custe do local social para os veciños do barrio será asumido nun 20% polo Concello de Mos, o que suporán 40.000 euros dos 200.000 euros do prezo total do proxecto; e o 80% restante asumirao a consellería de Vivenda e Solo.

-Elaboración dun proxecto para a construcción da nova ponte da Barxa, xa que a que actualmente está en pé atópase en condicións de perigo de derrubamento. Debido á urxencia, dito proxecto elaborouno un técnico en tres días.

-Considerando que o Concello de Mos precisa establecer unha Ordenanza que permita regular os vertidos de augas residuais e usos na rede de sumidoiros e colectores de titularidade municipal, para asegurar a súa existencia, garantir a seguridade das persoas que efectúen as labores de mantemento e explotación, e protexer proceso de depuración na planta construída ao efecto. Considerando a necesidade de cumprir os requirimentos en materia de augas e medioambiente previstos na normativa de aplicación, visto o disposto no artigo 45 da Constitución Española, o disposto ao efecto no Regulamento do Dominio Público Hidráulico e na Directiva Comunitaria 2000/60/CE, o equipo de goberno municipal propón aprobar inicialmente a Ordenanza Municipal de Vertidos e Uso do Sistema Público de Saneamento en Baixa, e someter a norma a información pública e audiencia polo prazo de 30 días para a presentación de reclamacións e suxestións nos termos e aos efectos previstos no Art. 49 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.