PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación de Pontevedra presentará alegacións contra a denegación da Consellería de Cultura da tramitación e execución da nova ponte sobre o río Lérez en Monteporreiro. Os técnicos provinciais iniciaron hoxe a redacción do informe que, previsiblimente, será remitido o vindeiro mércores.
O escrito de alegacións terá varias liñas argumentais. Unha delas será o cuestionamento da capacidade da Consellería de Cultura para informar negativamente, así como o feito de que a súa denegación baséase nunha declaración de paraxe natural do ano 1946 e que non hai alternativa técnica ó trazado pois calquer outro afectaría a vivendas da zona.
O escrito de alegacións terá varias liñas argumentais. Unha delas será o cuestionamento da capacidade da Consellería de Cultura para informar negativamente, así como o feito de que a súa denegación baséase nunha declaración de paraxe natural do ano 1946 e que non hai alternativa técnica ó trazado pois calquer outro afectaría a vivendas da zona.
O feito de que o trazado da nova ponte esté recollido no avance do Plan de Ordeación do Concello de Pontevedra; a autorización de Política Territorial; a execución do traballo mediante un convenio suscrito entre a Deputación e o propio Concello; o feito de que o previsto vial pase a perto de 50 metros do entorno do mosteiro e ó mesmo nivel que o terreo actual e polo mesmo entorno onde o paso do AVE obrigará a unha grande excavación na marxe norte para iniciar un túnel; e a necesidade e acordo social e político para realizar a obra, son, entre outros, a base dalgúns dos argumentos da Deputación contra a negativa da Xunta.
A Deputación de Pontevedra veu mantendo en todo o proceso para a construcción da nova ponte de Monteporreiro unha fluida relación con Cultura. En concreto, a dirección xeral de Patrimonio conocía o proxecto, autorizou a prospección da obra e recibeu dúas peticións de informes da propia Deputación.
O proxecto rexeitado por Cultura foi xa adxudicado a Sercoysa en 5,6 millóns de euros e un prazo de execución de 12 meses. O traballo implica o compromiso de execución da cimentación coa previsión dunha futura ampliación de sección tipo para acoller catro carrís. A solución adxudicada foi un viaducto de 180 metros de largo e 110 metros de luz entre apoios. Das ofertas presentadas, a de Sercoysa era a que producía unha menor afección do río Lérez e na decisión adoptada pola Deputación primaron especialmente os criterios ambientais pois valorouse altamente o sistema constructivo que evitaba a execución de recheos no río.
O proxecto paralizado por Cultura prevía unha circulación de 5.000 coches ó día, tiña un acueduto dunha sección de 13 metros de ancho con dúas beirarrúas de 2 metros de ancho, 2 arcéns de 1 metro e unha calzada de 7 metros con dous carrís.