VIGO (MORRAZO-tribuna).- .- A concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, presentou hoxe a ruta cultural “Tras os pasos de Urbano Lugrís”, unha iniciativa que ten como obxectivo achegar á cidadanía a figura do artista e a súa vida, como elementos que contextualizan a súa obra. Os precorridos son gratuitos e desenvolvense os venres pola tarde e os sábados pola maña en grupos de 25 persoas.
A concelleira precorreu a primeira parte da ruta xunto ao director do Museo Municipal de Castrelos, José Ballesta, e Cristina González Larriba, a técnica que se encarga de dar as explicacións aos participantes. Elena Maure explicou antes de iniciar o percorrido que Lugrís, nado na Coruña, viviu en Vigo 25 anos e con esta ruta o que se pretende é que os vigueses e viguesas coñezan os lugares que frecuentaba, as amizades coas que compartía o seu tempo e como incidiron na súa obra. A nacionalista salientou que con motivo da celebración do centenario do seu nacemento pensouse nesta actividade complentaria da exposición “Lugrís: Viaxe ao mundo de Ulyses Fyngal”.
Cristina González Larriba salientou que a ruta desenvolvese en tres partes. A primeira é un percorrido a pé que parte da Porta do Sol, xunto ao Sireno, e continúa por os lugares que frecuentaba (Taberna do Elixio, Librouro e o seu obradoiro). A segunda parte céntrase en coñecer e profundizar nas súas fontes de inspiración, especialmente no mar. e así os participantes desprázanse en autobús ata o Berbés e Bouzas. O último paso é visitar a exposición no Museo de Castrelos.
As rutas poderanse realizar ata o vindeiro 21 de febreiro. Para sumarse a esta iniciativa somentes é preciso reserver praza nos teléfonos 986295070 en horario de 10.00 a 13.00 horas.