24 enero 2009

Pasó el huracán y dejó más de 900 incidencias que solventaron lo mejor que pudieron en 112 Galicia

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, dependente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), xestionou nas últimas 24 horas máis de 900 incidencias, na maioría relacionadas co episodio de meteoroloxía adversa por vento en terra. As provincias máis afectadas foron A Coruña e Lugo, onde se rexistraron centos de incidentes provocados pola caída de árbores, tendido eléctrico, desprendementos de terra e pedras, e, incluso, caídas de obxectos de balcóns e tellados nos cascos urbanos das principais cidades.

Segundo a información facilitada pola Garda Civil de Tráfico, a rede principal de estradas de Galicia está despexada, só continúan os problemas derivados do temporal en vías da rede secundaria, concretamente, na Coruña, na AC-862, onde os operarios da Consellería de Política Territorial seguen traballando na retirada de diversos obstáculos, na AC-552 (Carballo-Cee), AC-423 (Grillou- A Ponteceso), AC-308 de (Augas Stas. a Noia) onde se recomenda circular con precaución pola presenza de ramas, e na AC-418 (Carballo a Malpica) pola mala sinalización; en Ourense, na OU-0303, só hai un carril habilitado para a circulación durante 2 quilómetros e na C-546, no quilómetro 90, produciuse un desprendemento; e en Pontevedra, a PO-534, ao paso pola localidade de Forcarei, permanece cortada entre os km. 12 e 28 por mor dun poste de alta tensión que caeu esta noite pasada. Nesta vía hai habilitados accesos alternativos. Ademais, na provincia de Lugo, se rexistraron incidentes, especialmente, en pistas veciñais.

Doutra banda, as empresas de electricidade e telefonía indican que están a traballar na restauración do abastecemento de electricidade e teléfono en moitos lugares de Galicia que de xeito xeralizado sufriron cortes no suministro.

As provincias máis afectadas polos efectos do temporal foron A Coruña e Lugo. Na Coruña víronse afectados Culleredo, Cabanas, Arzúa, Boimorto, San Sadurniño, Touro, Narón, Arteixo, Santiago de Compostela, Betanzos, Valdoviño, Ribeira, Abegondo, As Pontes, Pontedeume, Paderne, Bergondo, Malpica, Moeche, O Pino, Coirós, Ferrol, Cedeira, Cerceda, Oleiros, Mañón, Ortigueira, Neda, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Porto do Son, Sada, Teo, Laracha, Muxía, A Coruña, Noia, Pontedeume, Mesía, Fene, Curtis, Lousame, Oroso, Outes, Vedra, Cerdido, Vilamaior, Santiso, Santa Comba, Cambre, Val do Dubra, Miño, Vimianzo, Ames, Rois, Cariño, Mugardos, Boiro, Carballo, Coristanco e Ordes. En Lugo, sufriron os efectos do temporal os concellos de Lugo, Castro de Rei, O Corgo, Abadín, Láncara, Outeiro de Rei, Viveiro, O Vicedo, Taboada, Lourenzá, Cervantes, Guntín, A Pastoriza, Becerreá, Friol, Xove, A Fonsagrada, Ribadeo, Foz, Castroverde, Ourol, Cervo, Monterroso, Cospeito, Quiroga, Alfoz, Folgoso do Courel e Guitiriz. En Ourense, A Pobra de Trives, Coles, San Cibrao das Viñas, Ourense, Maceda, Maside, Arnoia, San Amaro, Ribadavia, Baleira, Coles, Amoeiro, Boborás, Cartelle, O Barco de Valdeorras, Gomesende, Allariz, O Irixo, Toén, Pereiro de Aguiar, Piñor, San Xoán de Río, Celanova e Vilamarín foron algúns dos concellos que rexistraron incidencias por mor do episodio de meteoroloxía adversa. Por último, en Pontevedra, se atenderon emerxencias nos municipios de Lalín, Barro, Vilaboa, Caldas, Bueu, Vigo, A Cañiza, A Estrada, Catoira, Fornelos de Montes, Salvaterra de Miño, Mondariz, O Porriño, Ponteareas, A Guarda, Agolada, Rodeiro, As Neves, Dozón, Forcarei, Vilanova de Arousa, Tomiño, Pontevedra, Baiona, Poio, Covelo, Vila de Cruces, Mos, Cotobade, Moaña e Vilagarcía de Arousa.

Previsión meteorolóxica
En canto ás condicións meteorolóxicas actuais, cómpre destacar que pasamos por unha situación transitoria de calma despois do temporal, aínda que se mantén o nivel de alerta laranxa no mar, onde as ondas poderían oscilar entre os 6 e 7 metros de altura e o vento soprará con Forza entre 7 e 8, con áreas de mar moi grosa. Este valores poden sufrir modificacións ao longo do día.

Estremar as precaucións
Doutra banda, cómpre recordarlle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas ou en construcción, árbores, paneis publicitarios e outras situacións de risco. A AXEGA insiste en extremar as precaucións, especialmente nos lugares máis afectados polo temporal, xa que pode haber elementos desprazados con risco de caer. Así mesmo, aconséllase evitar calquera tipo de desprazamento e, no caso de ter que facelo, informarse do estado das vías. Tamén se recomenda non achegarse a diques ou rompentes nos que o mar poida arrastrar persoas ou vehículos e consultar a páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.