VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O director de campaña do BNG, Alberte Ansede, asegurou esta mañá en rolda de prensa en Santiago que o vindeiro día 1 de marzo haberá “milleiros de galegos e galegas que votarán por primeira vez BNG”.
O secretario de organización nacionalista asegurou que esta confianza vén respaldada, nun primeiro termo pola “grande asistencia de persoas que estamos a rexistrar nos actos do BNG e que está a desbordar as nosas expectativas”.
Esta afluencia demostra, tal e como indicou Ansede, “que o BNG é hoxe por hoxe, a única forza política en ascenso no País, nun contexto en que uns van á baixa e outros apuntan cara ao estancamento” e isto é asi porque “sintoniza mellor cos desexos de amplos sectores da sociedade galega de que a grande transformación que o País comezou hai catro anos se consolide e profundice”.
O secretario de organización nacionalista asegurou que esta confianza vén respaldada, nun primeiro termo pola “grande asistencia de persoas que estamos a rexistrar nos actos do BNG e que está a desbordar as nosas expectativas”.
Esta afluencia demostra, tal e como indicou Ansede, “que o BNG é hoxe por hoxe, a única forza política en ascenso no País, nun contexto en que uns van á baixa e outros apuntan cara ao estancamento” e isto é asi porque “sintoniza mellor cos desexos de amplos sectores da sociedade galega de que a grande transformación que o País comezou hai catro anos se consolide e profundice”.
O director de campaña nacionalista asegurou que nesta cita o Bloque aspira “a dar un salto cualitativo como País e a que Galiza teña por primeira vez na hsitoria un presidente nacionalista”.
Asi, Ansede asegurou que moitos cidadáns darán por vez primeira o seu apoio ao BNG “porque valoran o traballo de goberno e porque o BNG é quen inspira máis confianza para enfrentar a grave crise económica e conquistar maiores cotas de autogoberno”.
Eses milleiros de persoas comprobaron tamén como, despois de ser o motor do goberno, “o BNG está ten iniciativa política e as súas propostas son as que están a protagonizar os debates electorais”. Neste sentido deulles a benvida a PP e PSOE ao se sumaren a propostas nacionalistas como o Intituto Galego de Crédito ou a participación pública na AP-9, mais puntualizou que “a xente sempre prefire o orixinal ás fotocopias”.
Alberte Ansede destacou tamén o papel do nacionalismo galego como “forza política valente e sen ataduras que decide aqui e non en Madrid, unha forza que pede para Galiza o mesmo estatus político que teñen Cataluña e Euscadi e isto significa, entre outras cousas, que a nosa lingua se equipare co castelán, pero tamén incrementar os nosos recursos económicos”.
Esa cota de autogoberno implicará tamén “blindar investimentos do Estado en Galiza e obter máis fondos para financiar o autogoberno”. Xa que logo, o secretario de organización destacou que “o 1 de marzo xogámonos darlle máis forza ao goberno galego para que poida enfrentar a crise económica con garantías de éxito e todo o mundo sabe que a mellor maneira de dar facelo é votar BNG, porque para nós Galiza é a única prioridade, mentres a prioridade das outras forzas está en Madrid”.
De aí que o director de campaña aproveitase para facer un chamamento “á participación electoral masiva para que o próximo goberno galego teña o maior respaldo posíbel detrás e para que as conquistas destes catro anos sexan irreversíbeis”.
Voto emigrante
O director de campaña do BNG quixo a a súa preocupación polo feito de que “algúns aínda teñan a tentación de ollar cara ao pasado e reproducir prácticas que a grande maioría da sociedade galega quixera ver abolidas” e referíuse ao “combate que PP e PSOE protagonizan na emigración”.
“É politicamente indecente que un partido político pida fotocopias do DNI ou pasaporte ás persoas que acuden aos seus actos públicos e é politicamente inconcebíbel que un partido ameaze con levar ao Tribunal Supremo unha resolución da Xunta Eleitoral Central na que se reclama que os emigrantes voten identificándose”.
En opinión do líder nacionalista, “sobarda todos os límites o emprazamento feito polo alcalde de Lugo en viaxe oficial a Buenos Aires aos emigrantes galegos para que voten aínda que non teñan documentación en regra, o que constitúe unha especie de apelación á insubmisión perante a lexislación electoral que é intolerábel nun dirixente político responsábel”.
Alberte Ansede criticou duramente o feito de que este emprazamento “apareza mesmo nunha nota de prensa oficial servida pola Delegación en Buenos Aires da Xunta” e reclamou ao alcalde de Lugo que pida “excusas por estas declaracións” e amosou a súa sorpresa ante o feito de que se utilice unha nota de prensa oficial e se utilicen asi “recursos públicos para promover a vulneración de normas ditadas pola Xunta Electoral Central”.
Ansede amosou a confianza do BNG en que a XEC “non se sinta presionada á hora de avaliar as alegacións presentadas polo PSOE nin se sinta intimidada pola ameaza formulada por José Blanco e demostrará a súa independencia e manterá o contido da súa instrución”, ao tempo que indicou que estas presións e as declaracións do alcalde de Lugo en Buenos Aires amosan o “evidente nervosismo do PSOE ante a perspectiva de estancamento eleitoral e a evidencia de que a única forza política que vai incrementar os seus apoios é o BNG”.